Crónica
RUTA CAMIÑO VELLO DE ALDOSENDE
Nesta ocasión desprazarémonos ata Paradela, para desfrutar dun belo roteiro por esta parte da Ribeira Sacra de Lugo, camiñaremos a beira do encoro de Belesar.
Partimos de Aldosende e
encamiñámonos ao primeiro
miradoiro deste roteiro. Toca ir
descendendo, por unha preciosa
senda, rodeados de carballos,
castiñeiros, érbedos, algún
piñeiro. Ao chegar a esta
magnífica terraza, podemos
contemplar unha panorámica
preciosa, iso si, o nivel de
auga do encoro está baixo
mínimos, podemos ver as marcas
da auga cando o pantano está
cheo, facémonos unha foto de
grupo e continuamos o descenso,
que desde aquí vólvese máis
empinado, pero hai valos e
cables para dar seguridade, xa
que a senda é estreita e hai un
gran desnivel. Ao terminar o
descenso chegamos a unha zona de
viñas aterrazadas, algo
característico desta zona. Desde
aquí acábase a pendente,
camiñamos por unha camiño a
nivel, con manto vexetal e
continuamos desfrutando as
vistas do encoro baleiro, o que
nos permite ver os restos das
construcións que o encoro
asolagou. Chegamos ao Mosteiro
de Santo Facundo, rodeado de
viñas, hoxe en día está
abandonado. O seguinte fito é a
Adega, ruínas dunha adega antiga
nun alto, o cal é atravesado por
un túnel. Seguimos ata o
miradoiro Adega dous Penedos,
aquí decidimos abandonar o
roteiro e seguir pola estrada
ata o seguinte miradoiro, xa que
imos un pouco tarde para chegar
ao restaurante. Que vistas tan
fermosas de Portomarin desde o
miradoiro de Cabodevila e Penedo
do Bico. Descendemos pola
estrada ata o restaurante, alí
está o autobús, onde poder
quitar a suada. Tomamos algo
antes de pasar ao comedor onde
desfrutaremos unha exquisita
comida.
Grazas a todos por facer posible
un día máis, unha saída tan
marabillosa.
Un saúdo.
Morís.
