Powered by Wikiloc

Crónica

Ruta Cadramón - Viveiró


Nesta ocasión imos camiñar pola serra do Xistral, partiremos a media ladeira do pico do Cadramón, dirección Viveiró.

Xusto na saída atopámonos cuns cabalos, comezamos cunha pequeno descenso para logo ir subindo cara a o Monte do Pedrido, mentres cresteamos imos sorteando varias turbeiras, que como choveu uns días antes tiñan auga, que fermosas vistas estamos a ollar, vemos ata o mar, e no fondo do val temos un mar de néboas.

Nesta travesía pola cresta, deixamos pola nosa dereita o nacemento do río Ouro e pola esquerda o río Masma, e comezamos a subir polo Seixo Branco cara as Barreiras do Lago, sopra un vento considerable e frío, o que fai que o ritmo da camiñata sexa alegre, atopamos restos das xeadas pasadas, herbas conxeladas e brancas así como as pozas cubertas por uns cristais de xeo considerables, dende aquí toca descender ata coller a estrada asfaltada que nos suba ata o alto do Xistral, onde esta o reemisor da TV e as antenas da telefonía móvil.
Dende aquí vemos o nacemento do río Eume e o río Landro, o día está claro e senlleiro o que nos permite unha vista 360 graos da metade da provincia de Lugo e parte da de A Coruña así como os Oscos Asturianos, As Pontes, Vilalba, Viveiro e a súa ría, toda a costa ata ven entrado Asturias, un queda extasiado cos vales e montañas. Aproveitamos para picar algo e así repoñer folgos.

Comezamos o descenso que nos achegara o Viveiró, que é a fin da nosa andaina de hoxe, esta parte final da ruta faise por pistas de zahorra na primeira parte, para logo camiñar por pistas asfaltadas. Cruzamos o río Landro e chegamos o Viveiró, onde imos xantar todos xuntos.

Foi un fermoso día grazas a todos e ata a vindeira.

Un saúdo.

Morís.