>  

 

Crónica

Andaina Contra o Cancro, Foz.

 Unha vez máis, toca camiñar para concienciar, dar visibilidade, apoiar a enfermos, familias e recadar fondos para axudar na loita contra esta enfermidade.


Concentrámonos diante do concello de Foz e tras unhas breves palabras explicando o roteiro e dando as grazas aos presentes botamos a camiñar. Imos por Alvaro Cunqueiro, cara á pizzería Xoiña, onde nos desviaremos á dereita dirección a Veiga dá Sara, desde este alto gozamos das vistas, continuamos cara a O Castro, para baixar cara ao parque de Marzan e cruzar a estrada xeral, camiño da praia de Llas, onde colleremos o paseo marítimo en dirección ao porto. Que bonita estampa neste día asollado, deixamos serpenteando a costa os que imos nesta camiñada, unha longa serpe multicolor. Así paso a paso pasamos pola Rapadoira, chea de bañistas neste día asollado, e ímonos achegandonos ao porto, que será onde poñamos o punto final á Andaina. É neste lugar, onde nunha mesa da asociación local de loita contra o cancro, está a hucha onde depositaremos o noso donativo voluntario e onde compraremos algún obxecto, co fin de axudar.


Grazas a todos por participar e colaborar neste roteiro solidario.


Un saúdo e ata a próxima.
 

Morís.