Crónica
O sábado, vispera da ruta, o día era infernal. Posiblemente o máis
chuvioso e frío do que levamos de inverno, incluso pensouse en suspendela.
Chega o domingo e amanece con tempo pouco apetecible para iniciar a
aventura, pero como a saída esta posta para as dez da mañán xa habería
tempo para decidir suspendela e voltar á casa. Os que estabamos
dispostosa facer a ruta éramos dezasete e sen medo subimos ó bus, con
ánimo de comer o mundo.
Saímos de Foz a hora prevista e pouco a pouco o día deixaba sair o
sol, tímidamente e con as ameazantes nubes grises por riba de nós.
Chegamos ó concello de Navia e, na Ponte do Espín, collemos a carreteira
a dereita que nos vai levar ó Castro de Coaña. Desta maravilla
coméntase que é dos máis importantes castros de España en canto a
superficie e conservación; con boa disposición o guía foinos explicando
as costumes e formas de vida destes poboadores. Pódense distinguir xa en
aquela época as distintas clases sociais que había con probas claras,
como poden ser as dimensións dos fogares así como a súa división
interior.
Despois da visita tomamos o bus e pasamos pola presa do embalse de
Arbón, no río Navia. Ó seu paso pódese disfrutar dos bellos paisaxes
deste gran caudal de auga que nace na montaña de Navia de Suarna na
provincia de Lugo, de aquí o seu nome, e que desemboca na Ría de Navia
en Asturias.
Por estes paraxes sa se empeza a ver a nefe, que nestes días caía
como xa non se recordaba, e canto máis nos adentrábamos no Concello de
Villayón era cada vez maior. A uns sete kilómetros baixamos do bus e
tomamos a senda que nos indica o primeiro tramo da ruta. E unha
subida suave que se anda ben e con a cantidade de neve e as belas
panorámicas fainos pensar en estar nunha paisaxe Alpina. Houbo ate tempo
para tirar unhas bolas de neve uns a outros, e fixemos un moneco de neve
coa sua bufanda e todo. |