Crónica

O sabado 13 de agosto Os Sendeiros de Foz organizamos a II Marcha Nocturna a participación foi desbordante, chegando a pasar de 220 persoas. Xente de distintas comunidades: Madrid, Asturias, Castela - León, Pais Vasco,.....Catalanes, etc....e inclusive de Francia, Bielorrusia, en fin unha xornada de "Globalización cultural e sendeirismo. Pais e nais co seus fillos daban un imaxe do bo facer das familias. Os pícaros coas suas linternas na cabeza, outros na mao, facían xunto co resto do grupo unha gran luciérnaga a o largo do camiño.

A saida foi as dez da noite e este ano decidimos dar a coñocer a senda de Malates. Un recorrido de dificultade baixa para todo o grupo que deste modo podias disfrutar da paz que brinda a ría de Foz presente en todo o recorrido. Na area de descanso preto de Vilaxuane fixemos unha parada ao regreso para reagrupar o grupo ao mesmo tempo dar tregua as pernas, foi neste lugar o reparto dos tickets para a "gran chocolatada" que íamos a servir para todos os participantes ao remate da marcha.

Máis o menos as doce da noite nos xardines do Conde Fontao asomou a cabeza do gran pelotón que formaban os camiñantes, a organización pensóu por un momento que non ía a chegar o chocolate, o grupo parecia que aumentara durante a marcha. foi so un espexismo, houbo para todo o mundo un bo chocolate e bizcoitos, acompañado todo elo co música galega coma telón de fondo nunha noite máxica.

Unha gran xornada de hermandade e amizade a compartida esta noite de agosto en Foz que seguro non se esquencera facilmente.

Grazas a todos e vémonos na III Marcha Nocturna 2012

Un participante