Crónica

Ruta Teixo, Taramundi.


O pasado domingo 13 de Xaneiro, 23 senderistas partimos a terras de Taramundi para facer unha ruta dende O Teixo e rematala en Os Teixois.

As 10 da maña despois da viaxe en autobús comezamos a nosa ruta, en O Teixo, a carón do albergue municipal. Dende este, imos descendendo por unha senda rodeada de carballos. Pasados dous kilómetros atopamonos cun fermoso pobo abandoado, este pobo chamase As Mestas, aquí antigamente vivía o mellor Ferreiro da comarca. Deixando atrás as casas de As Mestas, atopamonos unha central eléctrica abandoada, a cal antigamente era a encargada de proporcionarlle luz a os pobos dos arededores. Aquí nesta central, fixemos unha pequena parada, xa que dous dos sendeiristas mais aventureiros do grupo, animaronse a cruzalo curso do arrollo Mestas, para ver mais de preto a central.


Continuamos co noso camiño, e a poucos kilometros xa vemos Os Teixois, sitio no que aproveitamos para facer outra parada, ca que admirar os inxenios hidráulicos do século XVIII, e facer unhas fotos. Dende aquí comenzamos o noso ascenso ata un mirador no cal ollamos unas fermosas vistas do val do río Turía, Esquios e o pobo de Taramundi o fondo.
Seguimos coa nosa ruta ata As Veigas , un pobo no cal aproveitamos para repoñer forzas na taberna local, tomando unhas sidras.


Xa coas pilas cargadas seguimos o nosa marcha por esta fermosa senda , e en Esquios xiramos a dereita cara abaixo, para así cruzar o río Turía e dirixirnos cara a Os Teixois, onde poñeremos o punto final a andaina de hoxe, primeira do ano.
Neste punto esperanos o autobus, o cal collerá camiño de Taramundi, para xantar en Casa Paulino todos xuntos. Rematado o xantar toca regresar as nosas casas, eso si tras pasar un gran día, en moi boa compañia.

Un saúdo e ata a vindeira ruta.

Laura.