>  

 

Crónica


Ruta Rueta - Burela

Para esta saída de xaneiro iremos a terras de Cervo, xa que partiremos de Rueta na costa, para terminar no concello veciño de Burela. Un roteiro na súa maioría polo curso do río Xunco.


Á primeira hora da mañá saímos da praia de Rueta, esta pleamar pero como son mareas pequenas, bordeamos o dique que protexe o noiro da praia, pasamos baixo a ponte da vía do tren pola area, e subimos un pouco para seguir o roteiro marcado. Chegamos ao cartel do miradoiro da ponte do tren, onde lle facemos a foto típica que se ve en todos os folletos turísticos. Continuamos pola marxe esquerda, entre eucaliptos, castiñeiros, carballos, bidueiros. A auga do Xunco baixa revolta, xa que leva chovendo varios días e a última noite en abundancia, o que fai que vaia crecido e nun punto obríguanos a desviarnos do roteiro marcado, xa que está ocupada polas súas augas. Que pracer aos ollos esas augas bravas, saltando sobre as pedras do río, esa vexetación que nos deixa un tapiz no chan das follas caídas este outono. Así paso a paso chegamos á Salgueiriña, cruzamos a estrada nacional e seguimos subindo o curso do río ata Cervo. É aquí onde faremos a parada para repoñer forzas comendo algo. Continuamos augas arriba, ata chegar a Sargadelos, camiñamos polo paseo dos namorados, chegamos á súa fervenza, esta espectacular, facemos unha foto de grupo. Seguimos subindo pola senda botánica. Para coller unha pista forestal baixo a liña de alta tensión, que nos leve a Burela, esta parte da marcha discorre por montes de eucaliptos. É unha zona chaira e tirando cara abaixo, xa que imos terminar xunto á igrexa parroquial de Burela.


Grazas a todos por este magnífico día, ata a próxima.


Un saúdo
.

Morís.