Crónica

Outro ano máis Os Sendeiros de Foz participamos no encontró de senderistas que con bo acerto organizan os nosos amig@s da A Pontenova.
Esta vez o número da nosa organización foi menos numeroso que outras veces, pero o ánimo era o mesmo que sempre. O viaxe en autobús o compartimos cos amig@s da Pasada das Cabras, una boa compañía. Ás 8 da mañá e co bo tempo partimos rumbo a histórica "Terra de Miranda", camiño e paso cara ao mar de Ribadeo e Asturias, solar de fidalgas estirpes.
No centro social agardábanos os organizadores para facernos entrega do avituallamento: mochila, auga, unhas chocolatinas e golosinas, que repartimos entre os compoñentes do grupo. Na espera do comezo da marcha, falamos cos amigos de outros lugares: Meira, A Fonsagrada, etc….que e o máis emotivo, para o meu entender, coñocer xente nestas xuntanzas,ademáis de disfrutar da natureza.
Ah! Se me esquencía mencionar a Carmen Lage a nova socia de As Pontes que fixo con nos a primeira ruta. Creo que merece a pena coñocerla.
Ao redor das 10 da mañá partimos a encarar a ruta, Os Sendeiros decidimos facer a da Mina, a o se comezo a subida e curta pero cun desnivel bastante pronunciado, que e necesario encher os pulmóns para afrontarlla. Unha vez vencido o gran escollo de subida o sendeiro vai chao, ao arón da mina temos que rectar con cordas para achegarnos a o lugar da Mina.
As minas de Vilaoudriz xorden cando a Sociedade Comanditaria "Sucesores de J. B. Rochet e Cía" de Bilbao, adquire un conxunto de minas de ferro fosfórico. Hoxe en día perviven os cinco fornos de calcinación de Vilaoudriz (A Pontenova), que permanecen así como un símbolo do que foi a mina e de máis de sesenta anos de traballo. A Pontenova, que naceu coa mina, conserva agora os seus fornos, e con eles unha parte importante da súa memoria, unha parte importante da súa historia.
Despois desta pequena introdución seguimos o camiño ata chegar a o túnel, que foi paso do tren que levaba o mineral a o cargadeiro de Ribadeo. O túnel ten máis o menos uns 200 m. de lonxitude, bo estado de conservación.
Así pouco a pouco pasamos ao lado dunhas ruinas dun forno moi preto das piscinas e canchas deportivas na estrada que temos que pasar para cruzar un pouco máis adiante o río Eo para seguir a segunda parte da ruta.
 

VI Concentración de Sendeirismo da Pontenova VI Concentración de Sendeirismo da Pontenova VI Concentración de Sendeirismo da Pontenova VI Concentración de Sendeirismo da Pontenova VI Concentración de Sendeirismo da Pontenova


De cando en cando facemos unha paradiña, para levar algúns dos alimentos que levamos, e pasiño a pasiño chegamos a un recuncho fermoso onde os haxa. Unha vexetación inmensa, un rego que abastecía de auga a un antigo muiño, un lugar para meditar. Máis ao fondo atopámonos cunha xigante fervenza a súa auga cae con forza ao mesmo tempo forma o regato que vai pola ladeira abaixo.
Aquí temos que apretar os machos, para subir o agreste camiño que culmina nunha pista que danos un gran respiro ao corpo enteiro. ¡¡Unha verdadeira aventura!!.
Dende o alto do camiño que nos vai levando vemos fermosas vistas do val de A Pontenova ao mesmo tempo que o seu núcleo de poboación: Os fornos, Casa do concello, as instalacións deportivas, polígono industrial, etc…. Entre fala e fala cando nos quisemos dar conta unha pista cunha pendente forte costa abaixo chegamos ao pobo. A estas horas, ás 12,30h da mañá o sol apretaba moito e, con esa disculpa no primeiro bar que encontramos, uns cantos foimos sen ningunha dúbida a votar unhas cañas sentadiños na terraza.
Despois do descanso partimos polas rúas do pobo camiño do punto de partida, non sen antes facer outra paradiña no “bar da Esquina” do noso amigo focense Felucho que sempre nos recibe coas máns abertas. “ Coma chora por Foz”. E xa cerca das 2 da tarde chegamos para de seguido xantar o que a organización tiña preparado : bolo preñao, bolo de liscos, requeixón de Taramundi, auga e que ¿máis queres Baldomero?. Uns cantos contos, uns cafés, e ás 4 da tarde xuntámonos Os Sendeiros e máis os da Pasada das Cabras contentos, felices e cansos cara a casa.
Eran Ás 5 da tarde cando chegamos a Foz.
A organización fixo ao remate da concentración de senderismo, un sorteo de regalos, ao nos compañeiro VIDAL tocolle un fin de semana nunha casa rural de A Pontenova.¡¡Vaia sorte!!. Noraboa.
Se queredes vémonos o domingo, en Navia.

José Luis