Nun fermoso
día de inverno, aínda que frío,
diriximonos a terras de
Lugo, dispostos a disfrutar
desta derradeira ruta do ano
polo entorno do
Rio Miño.
Hoxe noto en falta algúns dos
nosos compañeiros/as de tódalas
saídas, a bo seguro que eles
tamén estarán pensando en nós,
pois ruta a ruta fomos creando
unha gran família.
Ás 10.15 da
maña baixamos do bus todos
parapetados de chaquetón, gorro,
bufanda e guantes, pois ainda
que o sol parece que vai
despuntar, é tanta a néboa que
da moita sensación de frio.
Dende o paseo do balneario
botamos andar,cruzamos a
Ponte Romana e adentramonos
no
antigo Camiño de Santiago o
seu paso polo
barrio da Ponte.
De seguido deixamos atrás as
instalacións do
Club Fluvial e divisamos un
magnífico
caneiro, o Caneiro da Praia.
En cruzando unha pequena ponte
sobre o
Río Mera, dous muíños
cos seus caneiros, que nos
chaman atención pola gran
cantidade de auga que teñen.
Aqui o camiño cambia, parece que
entramos noutro mundo, hai unha
frondosa carballeira, cun
colorido espectacular e o chan
está cheo de follas, que chegan
a ser perigosas, xa que o longo
do percorrido hai moitas
pasarelas de madeira e temos
que avanzar de un en un
agarrados a barandilla para
non esbarar, ainda asi hai quen
acaba no chan, pero é unha
aventura máis!!
Digo de facer unha pequena
parada para esperar os nosos
compañeiros que veñen detrás, e
xa todos sacan da mochila o
bocadillo, o chocolate e as
chopes...non hai nada que facer,
en canto que escoitan a palabra
”parar” xá o relacionan con
comer...
Ben, voltamos
o camiño, os que venen o meu
lado non se cansan de decir o
fermosa que é a ruta, van
calculando os anos que terán as
árbores, xa que algúnha delas é
centenaria.
O chegar a
Acea do
Rei Chiquito, facemos un
reagrupamento para sacar a
foto de grupo, neste lugar
donde ademais da casa, hai un
caneiro cun gran muiño, unha
pequena
capela neorrománica, todo
elo rodeado de grandes carballos.
Apartir de aqui seguimos un
treito pola beira da estrada ata
volver adentrarnos no sendeiro
que discorre preto do Miño, coas
súas carballeiras, prados de
ribeira e terras de cultivo, é,
sen dúbida, un tramo moi fermoso
que nos leva ata unha zona máis
poboada, donde vemos xente
paseando ou mesmo practicando
footing, así como piraguas, xa
que aqui se atopa a
Escola de Piraguismo.
O seu carón as instalacións dun
recinto chamado Os Robles, que
dispón de restaurante, zona de
recreo e o
catamarán.
Mentres atravesamos o parque xa
vemos a cidade a nosa esquerda e
despois de pasar pola antiga
Fábrica da Luz, voltamos o punto
de saída donde nos espera o bus.
Algúns cambiamos as botas polos
deportivos, pero non moito máis,
pois ainda que ibamos pensando
atopar o camiño cheo de lama,
non foi asi, xa que estaba moi
transitable.
Dende que
chegan todos, non sei que
milagro, pero hoxe casi chegamos
todos o mesmo tempo, dirixímonos
o
Restaurante Os Robles, onde
disfrutamos dun bo xantar,
ademais tiñamos dúas
celebracións que facer. Por un
lado, o noso presi,
José Luis, está de
cumpleaños, supoño que algo xa
se imaxinaba, pero ainda así,
quixemos darlle unha pequena
sorpresa, polo que lle
preparamos a súa tarta, eso si,
con unha soa vela!!
Tamén, coma sempre, aproveitamos
para
brindar con tódolos nosos
compañeiros que estaban ese dia
con nós, desexandolles unhas
felices festas, o cal eu fago
extensible, dende aqui, non só
os que estaban ali, senón a
tódolos socios/as e amigos/as,
que durante todo o ano, dun
xeito ou outro, nos animan,
apoian e axudan a seguir
organizando ruta tras ruta, coa
mesma ilusión e cariño que o
primeiro dia.
O meu desexo
para o vindeiro ano é que veña
cargado de saúde, tolerancia e
solidaridade.
Unha forte apreta