Crónica

Viaxe ós canóns do Ebro

Venres, 27 de maio de 2011

Ás tres e media da tarde, puntualmente, saímos, de diante do Concello, os 55 camiñantes; mellor dito, 56, porque o noso chófer, Xavier, tamén andou connosco a ruta.
Fixemos dun tirón tres horas e media, e ás sete tocou unha paradiña “técnica” na área de servicio de Palanquinos. Alí puidemos estirar as pernas, tomar unha bebida e disfrutar do sol, mentres o noso chófer facía o descanso necesario para poder continuar a viaxe.
Media hora máis tarde arrancamos e, sen parar, chegamos a Burgos, ó Hotel Abba, un estupendo hotel, con tódalas comodidades e servicios, pretiño da zona monumental e turística de Burgos, sitio do que disfrutamos dúas noites.
Según chegamos recollimos a chaves e tivemos o tempo xusto para deixar as maletas e baixar ó comedor para a cea, que era ás 10 da noite. Neste momento, uniuse a nós Amelia, que viña de Madrid para acompañarmonos estes dous días.
Despois de cear, os más animados saíron tomar un primeiro contacto –e algo mais- coa cidade. Os mais “repousados”, pensando na ruta do día seguinte, fomos á cama para estar en forma.

Sábado, 28 de maio de 2011

Despois de almorzar, ás oito da mañá, subimos ó bus, que nos trasladou a Valdelateja, un pobo, con moi pouquiños habitantes, que conserva a arquitectura popular e está regado polo río Rudrón, afluente do Ebro, e rodeado por unhas escarpaduras impresonantes.
Ás dez emprendimos a ruta, que sae de detrás da Igrexa de Valdelateja, pero collémola ó revés, empezando polo máis costento e máis duro de andar, para ter o máis andareiro e sombrizo ó final, cando as forzas van minguadas. A poucos quilómetros, aló no alto, no cumio dunha montaña, divisamos a ermida de Santa Centola, nome que nos fixo moita gracia ós galegos, claro. Xa estabamos de cheo nos Canóns do Ebro, un fascinante desfiladero, con abundante flora e variedade de árbores.
Ás once e media, tras percorrer uns 5 quilómetros, chegamos a Cortiguera, outro pobo semiabandonado, pero con algunhas edificacións rehabilitadas, entre elas un fermoso pazo, e as ruinas dunha igrexa. Este pobiño é o escenario no que Miguel Delibes sitúa a acción da súa novela El disputado voto del señor Cayo. Delibes, amante da natureza y empedernido cazador, era un asiduo visitante desta zona e tiña unha casa en Sedano, capital de este val.
Ás doce, reemprendemos a marcha e, a pouco máis de 4 quilómetros, chegamos a Pesquera del Ebro, onde fixemos unha paradiña para recoller o “avituallamiento” e beber algo. Os últimos 900 metros, entre sol e asfalto, fixéranse duros; únicamente o rumor do río, aló no fondo, nos animaba a seguir, coa ilusión dunha cervexiña ou un bon vaso de agua fresca, na mesma taberna onde nos tiñan preparados os bocadillos para o xantar.
Aínda quedaba moito camiño e os jefes decidiron seguir un pouquiño máis antes de parar a comer os bocatas, cousa que nos pareceu moi ben a todos, xa que aínda non era máis que a unha e cuarto.
A uns 4 kilómetros está a Central Eléctrica del Porvenir, que era o sitio convenido para facer a parada do xantar. De camiño, puidemos observar unha bandada de voitres leonados, un dos animáis que más caracterizan a fauna da zona, xunto con gran variedade de águias e aguiluchos. O que non fomos quen de ver foron as londras (nutrias), que parecen ser outra das características da fauna da zona. Ás tres e media, despois de sentármonos para comer aproveitando a sombras que había preto da central, continuamos a andar.
Foi o tramos máis duro da ruta, non pola dificultades -que non a tiña- senón porque, tralo descanso, as pernas pesaban, a calor arreciaba e as forzas faltaban. Afortunadamente chegamos de regreso a Valdelateja, tras facer ós 3 quilómetros que nos quedaban. Coma camelos sedentos se botan a un pozo de agua, así nos botamos algúns ó bar de Valdelateja, en busca de alivio á nosa sede. Alí recollinos a Consuelo, a muller de Vidal, que nos quedara esperando no pobo.
Os autobuses non poden entrar en Valdelateja, e aínda nos quedaba case un quilómetro para chegar a el, subindo unha costa asfaltada; pero a esperanza dun cómodo asiento, turraba por nós para arrastrar os pés ata o alto.
Xa todos no bus, arrancamos cara a Burgos, uns 60 quilómetros. Pero a calor, o esforzo, o cansanzo, fixeron mella en Geo, que se sentíu indisposta. Paramos para que se recuperara; e a paradiña veunos ven a moitos otros, que nos sentamos baixo uns árbores a tomar o pouquísimo fresco que corría a esas horas. Felizmente recuperada Geo, proseguimos ata Burgos, onde chegamos arredor das sete da tarde.
Burgos ardía en festas: era a Noite Branca, e tódolos museos, monumentos e edificios oficias abrían ata altas horas da madrugada. A xente ateigaba as rúas, a música das máis variadas clases soaba nas prazas, as tabernas, bares, restaurantes e todo tipo de establecimientos acollían morreas de xente. Alá fomos, uns con máis ánimos ca outros, “picar” algunha das especialidades gastronómicas da zona. Houbo algún que non se deitou moi cedo que digamos; outros, reventadiños, regresamos ó hotel cando aínda non era media noite. E así rematou o longo día da ruta.

Cañones del Ebro Cañones del Ebro Cañones del Ebro Cañones del Ebro

 

Domingo, 29 de maio de 2011

Tódolos pronósticos do tempo auguraban auga para este domingo; pero, en contra de todos eles, tivemos a sorte de que non nos chovera, cousa que nos podería impedir disfrutar como o fixemos do precioso pobo de Orbaneja del Castillo.
Este día deixaronnos un pouco máis de tempo na cama, para recuperármonos: o almorzó foi as nove. E, despois de recoller as equipaxes e poñelas no autobús, arrancamos outra vez pola mesma carretera do día anterior, pero esta vez levounos ata Orbaneja. É unha paisaxe impresionante e ten algunhas cosas curiosas, como unhas rochas que semellan dous camelos bicándose. Nos rochedos aniña unha morea de águias, que voaban maxestuosas por riba de nós.
O primeiro que chama a atención ó chegar a Orbaneja é unha cascada á esquerda da carretera. O pobo espállase pola ladeira da montaña e tivemos que subir unha chea de escaleiras ata alcanzalo. Arriba, nun pequeño chan, un regato atravesa entre as casas e é o que da lugar á cascada. No fondo, un murallón de pedra cerra a paisaxe, e á dereita hai unha Cueva del agua. Meténdose uns 100 metros escóitase un bruído que vai en aumento ata que chegamos a un ponto no que vemos saír ó regato de entre unhas penas y volverse mergullar entre elas para, por último, saír ó exterior no medio do pobo.

Orbaneja del Castillo Orbaneja del Castillo Orbaneja 10 Orbaneja 13


Despois de tomar un descansiño, ás once e media saímos cara a Santander, onde chegamos a unha e media. A partires de aquí, cada un tiña libre para ir onde quixera: pasear, tomar un chanqueiro de viño, xantar, tomar un café ou calquera outra cousa.
Ás cinco partimos de Santander xa de regreso a Foz. Fixemos unha paradiña técnica en Unquera, que moitos aproveitamos para comprar as famosas corbatas. Ás seis e pico volvemos ó autobús y tiramos ata Cudillero, onde fixemos a última parada técnica. En Ribadeo xa estaba esperando a nai de Ahinara -a neta de Luis Núñez- a nena que nos acompañou nesta ruta, e creo non exaxerar si digo que foi a que más andou nela, porque correteaba adiante e atrás sen parecer cansarse nunca.
Pasadas as 10 da noite, chegamos a Foz e demos por rematada esta viaxe que foi estupenda- olo menos a min pareceumo- e vimos cosas magníficas, tanto de naturaza como de arte.
Un saudiño a todos de Carmen Beltrán

P.D.- Decía Juan de Valdés, un escritor do século XVI: Escribo como hablo; solamente tengo cuidado de usar vocablos que signifiquen bien lo que quiero decir; y dígolo cuanto más llanamente me es posible. Esto é tamén o que eu intentei facer nesta crónica, pero como a miña lingua nativa é o castelán, moito me temo que o meu texto non sexa moi normativo. Disculpade os erros e tede en conta unicamente a miña boa vontade.