Crónica
O tempo vai sendo benévolo connosco, dende a primeira
ruta ata esta derradeira, o sol e a boa temperatura fai testemuña das
nosas aventuras.
As oito e media partimos a terras de Boal
61 andareiros para disfrutar das fermosas paisaxes que hai nesta bisbarra
entre a serra de Penouta
e o pico Penácaros. E a primeira vez que temos que contratar dous
autobuses, pola cantidade de socios que quixeron compartir o Día do
Socio.
Todos os sendeiros coas camisetas verdes que nos
caracterizan, inundamos o pequeno pobo de Boal.
Esta vila da montaña, e tranquila, cunha praza típica que fórmase a
esquerda coa casa do Concello enfronte a igrexa, unha escalinata e varias
cafeterías e restaurante no seu entorno. Cando chegamos eran as dez da
mañá e o pobo espertaba contemplando o colorido verde do grupo. A guía
quedou con todos que partíamos as dez e media, entón fomos uns e outros
a tomar uns cafés para emprender a ruta.
Neste día fíxonos moito gusto ver a Tere de Chao e
a Mari Carme a muller de Tano, tamén dar a benvida a os novos socios:
Arturo e a súa muller, ás
tres da casa da cultura, Fernando y María José aínda que este
matrimonio xa foi a ruta dos Pozos en Valadouro, ogallá sexa para
compartir moitas máis rutas.
As dez e media partimos de Boal
tomando un camiño que nos achega cerca do instituto para adentrarnos pola
fermosa campiña, ollando ao fondo o pico Penácaros, mentres vamos dando
os primeiros pasos xa algún campesiño estaba coas súas faenas do campo.
Seguimos o camiño disfrutando de todo o encanto do entorno, levando ao
noso lado o río Pendía que xa nos acompaña en todo o percorrido. O río
e fermoso, estreito e leva moita auga, desemboca no río Navia.
O sendeiro os primeiros km. son suaves con moitos
treitos chans, bo firme, bastante ben coidado, tamén se poden ver
hórreos do estilo galego, casas ben coidadas e abundantes xestas en flor,
castiñeiros, abedues e nogais. Pasamos diante dun burro e as nosas mozas
quixeron facer unha foto xuntos, a verdade que pode quedar para un futuro
pois os asnos de catro patas son cada vez menos. Vamos facendo camiño e
atopamos xunto a unhas casas unhas laranxeiras cheas de laranxas, pedimos
permiso e a dona deixounos coller unhas poucas ¡¡¡estaban bárbaras!!!
Dende aquí costa abaixo podemos contemplar unha
pradería fermosa e polo medio dela o río Pendía e ao fondo un muíño
de antano, pasamos unha ponte para cruzar o río, andamos un treito un
pouco en costa e achegámonos ao Castro
Pendía. Este castro sobre a súa cara interna apréciase a muralla
que remata na torre o punto máis elevado do recinto ( hoxe en día un
pouco destruído) onde se disfruta dunha fermosa panorámica do conxunto.
No seu interior dispóñense unha ducia de cabanas de planta circular,
entre as que destaca, pola súa amplitude e illamento, a situada no sector
norte. Estas construcións maiores, de aparición frecuente nos castros,
foron as interpretadas tradicionalmente como edificios de uso comunal.
Ambas presentaban unha estrutura similar coa cámara principal abovedada,
solo de lousas de pizarra e un forno na cabeceira, mentres na primeira das
cámaras, a máis elevada, ofrece unha planta semicircular, e octogonal na
segunda. Algunhas testemuñas, moi escasas, indican probables asentamentos
tardorromans e altomedievais.
Neste fermoso remanso de paz que forma o Castro facemos a
foto de grupo e retomamos a camiñada que será a parte máis dura da
ruta. Adentramonos por unha senda de terra en constante subida, toda ela
rodeada de árbores que axudan o noso camiñar coas súas sombras, nestes
lares comeza o sacrificio de todos nos, pois a costa ten tela.
Así pouco a pouco vamos indo e axudándonos uns a outros
con ánimos, saímos da pista de terra e tomamos unha pista de cemento,
aquí xa non temos sombra e o sol fai mella nos corpos e a costa aínda e
máis forte pero como "grandes sendeiros" que somos seguimos
subindo ata chegar ao pobo de Villanueva, final do traxecto. Uns sentados
no chan, outros facendo flexións, e os demais comentando o duro que foi
este derradeiro tramo, pero bueno ao final todos contentos por facer e
disfrutar destes fermosas paraxes.
Dende Villanueva achegámonos a Boal
en autobús onde estaba esperando un gran xantar no restaurante
Prado. Chegamos ao pobo e algúns trocamos os calcetins, as camisetas,
limpamos as maos e foimos a tomar unhas cañas antes de comer. As tres
menos cuarto sentámonos todos a comer un bo potaxe de nabizas e cabrito
con patacas e de prostre arroz con leite ó flan caseiro, todo elo coma
sempre regado cunha alegría entre todos e algún cantar que outro se
puido escoitar.
Dunha forma humilde tamén celebramos o cumpreanos
de Gloria " FELIZ CUMPREANOS"
Se me esquecía comentar que algúns sendeiros nun momento
da ruta dubidaban o camiño a seguir. Coidado coas sinais.
As cinco e media partimos para Foz
chegando as sete da tarde.
Ata a próxima
José
Luís
|