Os Sendeiros

de

Foz

 

PRINCIPAL

Rutas 2021

II Andaina contra o cancro, Foz

Ruta das Igrexas 2021

Ruta Mirador Auga Caída

Ruta das Fontes e dos Rego. Ruta do Muiñeiro Namorado

Ruta das Minas

Ruta Supena

Alto do Picato

 

Rutas 2020

Val de Lourenzá

Belen de Cumes 2020

Mondigo

Medela-Muiños

Fragavella

Fervenza do Rio Belelle

Rutas 2019

Luces de Vigo 2019

Belén de Cumes: A Frouxeira

Ruta Busto - Cueva

Ruta Melendreros - Fuensanta

Ruta Xistral - Fervenza Escouridal

46 Marcha Nacional de Montañeros Veteranos

XXXI Marcha galega de Montañeiros Veteranos

Eo Aventura 2019

Ruta dos Nazarenos 2019

Marcha Nocturna 2019

Frouxeira a Oirán

Ruta das Igrexas

Subida ó Pico da Lebre

Andaina contra o cancro

Senda do Oso

Rinlo - San Martiño

Fin de semana en Segovia

III Dia do Sendeirista de Galicia

Ruta do Vento e Vilapena

Esteiro - Morás

Ruta Teixo, Taramundi

Rutas 2018

Belén de Cumes 2018

Pico Pousadoiro e fervenza Cioyo

Viveiro - Penedo do Galo - Palmeiro

45 Marcha Nacional de Montañeros Veteranos

Curro de Candaoso - Pau da Vella - Pozo da Onza

XXX Marcha Galega de Montañeiros Veteranos

Foz - Castro de Fazouro - Ruta das Praias

Nocturna 2018

Ruta Solidaria: Endometriose

Viloalle

Mirador do Comado

Escouridal - Torez

Encontro en Burela

Pico Cornón

Rutas no Parque de Redes

Encontro Astur Galaico

Andaina Solidaria Mondoñedo 2018

A Seimeira - Forcón de Ríos

Ribeiras do Sor

Pena Abaladoira - Fervenza de Escouridal

 

Rutas 2017

Belén de cumes 2017

Fuciño do Porco

Cadramón - Viveiró

44 MARCHA NACIONAL DE VETERANOS, BARRANCO POQUEIRA

XXIX Marcha Galega de Montañeiros Veteranos

Sábados de verán: Agosto

Sábados de verán: Xullo

Pena Trevinca

Encontro na Pontenova

Ascensión a Pena Chana

IX Encontro Astur-Galaico, Boal

Dia Nacional do Sendeirista na Cañiza

Puerto Ventana

A Cazolga - Virín - Capela do Carme

Santa Mª del Mar a Ranón

Rutas 2016

Belén de Cumes 2016

Minas de As Talladas

VIII Encontro Astur Galaico

Charla de Camilo Xabel Sousa: Sendeirismo e relevo xeracional

Camiño Ferradal ou da Caleira

XLIII Marcha de Veteranos Nacional

Encontro Río Ouro e Praias de Foz

Ruta Fin de Verán

VII Marcha Nocturna

Ríos de Foz

Serra do Buio II

Subida ó Pico da Lebre

Encontro na Pontenova

Salamanca, Arribes del Duero

Rutas Semana Santa 2016

Covas de Andía - Lebredo

San Roman - O Vicedo

 

Rutas 2015

Belen de Cumes

Foces del Esva

Encontro AsturGalaico en Vegadeo

Ruta da Cubela

Encontro de Sendeirismo Foz 2015

Sábados Sendeirismo Agosto 2015

Ruta Nocturna 2015

Sábados Sendeirismo Xullo 2015

Encontro en Burela

Lucus a pé

V Encontro As Mariñas

Fin de semana en Povoa de Varzim

V Encontro AsturGalaico en Pol

Semana Santa 2015

Desfiladeiro das Xanas

Riobarba - Negradas

Rutas 2014

Belén de Cumbres

Narón, Neda, Fene, Narón.

VIII Encontro de Sendeirismo

Camiño do Mar no concello de Foz

Ruta das fragas da Ribeira e de Lostegal

Ruta das Capelas

San Acisclo a Fazouro

V Ruta Nocturna

Fin de semana en Cantabria

Ribeiras do Masma

Praia de Altar - Foz

Encontro Burela 2014

Ruta da Coba

Senda Verde da auga

Ruta das Mareas

As Aceas - Rinlo

Rutas ano 2013

Caión - Arteixo

Ruta Pico Tres Bispos

VII Enconcontro Río Ouro e Praias de Foz

Ruta Entrevados - Val do Pinzón

Ruta de verán Alto da Frouxeira

Ruta de verán Alto de Virín-Cornería

4ª Ruta Nocturna

Ruta do Cares (Posada de Valdeón - Poncebos)

XXVI Marcha Naviega

IV Encontro de Sendeirismo As Mariñas

Fin de Semana en Segovia

Monte San Lois (Noia)

Dia do Socio 2013

Río Mandeo (Betanzos)

Morás - Esteiro (Xove)

Rutas ano 2012

Cabo Busto

Cea anual 2012

Ortigueira

Augas de Fonmiñá

Encontro Río Ouro e Praias de Foz

Sábados de Agosto

Fervenza de Tabayón

Canóns do Sil

I Ruta do Mariscal

VII Sardiñada

Ruta dos Pícaros

Subida ó Monte Castelo 2012

XXV Travesia Costa Naviega

Las Minas de Sabero

Concentración de A Pontenova

Fin de semana en Euskadi

Camelle - Laxe

Brañas Vaqueiras

Ruta dos Muíños de Taramundi

Lagoas de Cospeito

Rutas ano 2011

Senda Norte

Cea anual 2011

Fervenza do Toxa

Ruta da Marronda

V Encontro de Sendeirismo

Ruta do Alba

Sábados de Agosto

2ª Marcha Nocturna

Lagos de Covadonga

Sardiñada no Santo

III Ruta dos Pícaros

Subida ó Monte Castelo 2011

Travesia Costa Naviega 2011

Encontro de senderismo da Pontenova

Fin de semana en Canóns do Ebro

Ruta do Viño de Valdevimbre

Ruta das Praias de Foz

Ruta Val do Río Tórdea (Castroverde)

Ortiguera - Viavelez


 

Rutas ano 2010

Ruta Río Miño

Ruta da castaña e do mel

Senda Norte: de Nieva a Cabo Peñas

IV Encontro Rio Ouro e Praias de Foz

Muiños de Esmelle

I Marcha Nocturna Praias de Foz

Río Xallas, Ézaro

Sardiñada no Santo

Ruta dos Pícaros

Monte Castelo 2010

Ruta Trigueira

 Encontro da Pontenova

Puentes de Malpaso

Pena Abaladoira (Alfoz)

Fin se semana no Val do Jerte

Lago Ausente (San Isidro)

Sendas ríos Llantones y Peñafrancia

 

Rutas ano 2009

Ruta das Algas (Ortigueira)

Asamblea e Cena 2009

Ruta Tres Bispos (Ancares)

Ruta da Auga (Guitiriz)

III Encontro Río Ouro e Praias de Foz

Camiño Real (Ourense)

Illa de Ons

Sardiñada no Santo

Subida ó Monte Castelo

XXII Travesía Costa Naviega

Ruta Río Centiño

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

Andareiro 15

Ruta do Vento

Fraga de Vilapena

Trabada (Lugo)

Día 11 de Decembro de 2005

Saída: 09:00 da mañán

Duración: 4,5 h.

 

Crónica

As nove en punto partimos 25 Sendeiros na busca dunha nova aventura. Esta vez o grupo foi menos numerosos que na última que fixemos a Muros del Nalón, pero o espíritu aventureiro que tiñamos facía que non se notara moito a falta de varios compañeiros habituais.

O día amenceu con un ceo despexado; facía frío. E digo soamente frío, porque a verdade onde o facía, e ben, era xa na Corredoira, na saída de Foz. Os prados estaban como si foran sábanas brancas, e canto máis nos íamos alonxando da costa máis gorda era a xeada. En San Cosme tomamos a estrada á dereita en dirección a Trabada.; a distancia entre estes dous pobos é duns 20 km.

Nesta última poboación, pouco antes de chegar, á dereita atópase o pazo Terrafeita, singular construcción galega de outras épocas, hoxe convertido en casa rural.

Chegamos a Trabada, toda ela branca como a neve. Continuamos pola estrada que vai a Riotorto, e no alto do Chao do Couso fin do traxecto do autobús. Decir que foi a primeira vez que nos levaba unha muller ó volante, por certo moi simpática e boa conductora.

Neste alto o frío ó baixar do autobús era demasiado, a brisa que viña cortaba a pel. Arranchados con gorros, guantes, bós anoraks e pao en ristre, comenzamos a camiñata. Eran as 10 da mañán e na dirección a Riotorto tomamos o sendeiro da Ruta do Vento á esquerda, unha pista ó principìo asfaltada, pero axiña toda a ruta ía transcorrer por pistas de terra e sendeiros.

Enseguida atopámonos con charcas conxeladas que alguns coma min, xa non recordábamos. Eran puro cristal de bó espesor. O piso da pista estaba durísimo debido á xeada, sendo imposible romper o barro que había. Transcorre a marcha e podemos contemplar dende o alto de Cerruchan unha ampla panorámica. Un pouco máis adiante, vemos unha canteira de pizarra en plena explotación. Este primeiro treito é todo chao e vai entre pinares, para pouco a pouco, en leve descenso, achegarnos a unha pista algo en costa que nos levará ó Pico do Gorro.

Dende este lugar podense ver unhas belas imaxes dun val que o forman os límites da Pontenova, Abres e Trabada. Pódese decir que é espectacular, ainda que nós nos disfrutamos ben da panorámica debido á néboa que había.

000_0063.jpg (1629593 bytes)

000_0065.jpg (544718 bytes)

000_0067.jpg (913424 bytes)

Sacamos a foto de rigor e voltamos a baixar a pista, abandonamos a Ruta do Vento para coller a ruta da Fraga de Vilapena. Esta nova ruta, ainda que está no mesmo entorno, é distinta da anterior. A Fraga de Vilapena transcorre por sendeiros que nos levan por unha fraga que ten unha gran variedade de árbores autóctonos: carballos, castiñeiros, freixos acibros e moita cantidade de musgos.

O camiño, ben sinalizado, vai serpenteando con baixadas e subidas. A humidade da fraga ás veces fai dificultosa a marcha; houbo algun que outro resbalón, algunha risa, e tamén algo de cansazo.

Xa eran as doce e media cando chegamos a unha femosa fervenza nun belo entorno e, como non podía ser doutra forma, fixemos unha foto para a posteridade. Seguimos polo medio dun inmenso bosque cheo de carballos e acibros no seu estado máis salvaxe. Aínda se ven dous carboeiros ben sinalizados; son uns pozos cavados na terra, de pouca profundidade nos cales queimaban a leña os lugareños para facer o carbón vexetal.

A ruta vai en constante subida, e con os pes bastante cansos, cruzamos o río Trabada e saímos a unha pista en pendiente para tomar a un kilómetro o desvío a esquerda que indica ó refuxio. Neste punto aínda falta como unha hora de camiño, pero non desesperamos. Seguimos polo último treito, no cal podemos contemplar como as charcas estaban cheas de grandes encubacións de rás; teñen forma dunha masa gelatinosa cuns puntos negros, alguns xa soltos da masa e con forma xa de rá.

Despóis dun tempo divisamos ó lonxe o Chao do Couso, punto de partida e fin da camiñata. O frío era o mesmo que deixáramos ó comezo da aventura. Alí estaban a esperarnos os primeiros do grupo, un pouco desesperados na espera dos que pechábamos o pelotón. A fame estaba facendo mella e non perdoa. Eran as dúas e media.

000_0069.jpg (1370895 bytes)

100_0388.jpg (886311 bytes)

100_0389.jpg (1408406 bytes)

Unha vez todos xuntos no refuxio existente neste lugar, que amablemente nos cedeu o Concello de Trabada, por certo amplo, limpo, con mesas, bancos, auga, luz, todo un luxo en plena natureza. Comeza o ritual de sacar cada un a súa comida e coma sempre non falta a tortilla, chourizos, xamón, lombo, as botas de viño, cervexas... en fin de todo un pouco, compartindo uns cos outros. Non podían faltar os potres de Ana nin as galletas de Seli.

Con gran camaredería fomos degustando os alimentos, no medio de algunha anécdota, risas, e con algo de frío no corpo, festexamos e brindamos con champán no medio do monte, pola última ruta do ano, Bo Nadal e Próspero Aninovo para todos.

Xa eran as catro e media, e sin máis demora rumbo a Trabada a tomar uns cafés que boa falta facían.

Seguía o frío, emprendemos de novo a marcha cara a Foz, chegando as cinco e media diante do Concello. Contentos sí, pero un pouco cansos.

Felicitar ó Concello de Trabada polo ben coidadas e marcadas que teñen as suas rutas de sendeirismo.

100_0390.jpg (1348425 bytes)

100_0391.jpg (1497330 bytes)

100_0392.jpg (1218281 bytes)