Crónica

 

Encontro Burela 2015

Un  ano mais, acudimos o convite dos nosos amigos de Pasada das Cabras de Burela, fumos poucos, xa que temos lesionados a varios dos membros da asociación e outros poucos ían nas festas patronais do seu pobo.

As dez da maña saímos do porto de Burela cara a saída, na serra do Buio. Alí no cumio recíbenos a néboa, o que non nos deixa gozar das fermosas vistas que dende este punto se poden admirar.

Comezamos a camiñar por unha pista que cresteando parte en dirección o mar, pasamos por entre os eólicos instalados nesta serra,  e no camiño atopamos, vacas e cabalos pastando.

 IMG_20150627_113701  IMG_20150627_115213  IMG_20150627_120223  IMG_20150627_125334

A medida que avánza a camiñata empeza a disiparse un pouco a néboa, deixándonos ver algo das fermosas vistas, vemos Rúa, O Sixto, Cangas, San Ciprian e o lonxe entre as nubes vese un pouco Foz.

A ruta e doada, pasa nalgún punto entre eucaliptos, noutras partes entre pinos. Todo é camiño forestal, empregado para atender o parque eólico. Durante a camiñata coma sempre, uns falan cos outros e fanse novas amizades, entre os distintos participantes achegados de diversas localidades.

O medio día chegamos a area recreativa do Monte Castelo,en Burela, onde a organización ten unhas carpas onde nos van agasallar cun xantar de confraternidade para repoñer folgos, así comendo todos xuntos, xentes achegadas de Asturias e Galicia rematamos este fermoso día.


Un saúdo.
Morís.