CRÓNICA

Ruta didáctica

Outro ano máis Os Sendeiros de Foz participamos na concentración que con tanto sacrificio fan os nosos amigos da Pontenova.

Esta ano fixemos a Ruta das Minas un sendeiro sen dificultade, agás  os primeiros cincocentos metros de subida ao comezo do camiño. O día estaba xustamente para camiñar, cun sol suave e boa temperatura.

A saída e dende a praza dos Fornos tomando unha pasarela de madeira que nos leva ao sendeiro. Unha vez superado o desnivel dos primeiros pasos o sendeiro vai no medio da natureza onde vamos ollando as belas paisaxes que temos no entorno, pasiño a pasiño achegámonos ás galerías da Mina Consuelo de Vilaodriz. A principio do século XX a minería convértese no eixo motor do desenrolo local. O guía fainos unha boa lembranza do que aconteceu en aqueles anos da súa explotación.

Aínda hoxe consérvanse as tres galerías, que nos fan pensar a todos os camiñantes as penurias que por aquelas datas pasaban os traballadores do lugar. Calcúlase que preto de 1000 traballadores formaban o rol da empresa. Por medio de cordas baixamos para librar os escollos que tiña un tramo do camiño que serviu para moita risa e, apuros para algúns.

Facemos unha paradiña de agrupamento na “Pena da Salve”, chamada así porque era o lugar onde os labregos cando pasaban facían unha parada e rezaban mirando para o Santuario de Conforto. Dende esta atalaia divisase un amplo val cheo de vexetación e terras de labradío.

III Encontro de Senderismo de A Pontenova (Lugo) III Encontro de Senderismo de A Pontenova (Lugo) III Encontro de Senderismo de A Pontenova (Lugo) III Encontro de Senderismo de A Pontenova (Lugo)

Despois das explicacións do guía seguimos a senda un pouco empinada, cruzamos un burgo de casas e terras cultivadas para achegarnos a parroquia de Santa María de Conforto, aquí facemos unha paradiña de media hora e visitamos o Santuario, que data a súa construción do ano 1664, e o museo de Arte Sacro, xantamos unha froita e algunha chopetada, e collemos auga na fonte onde ao seu lado esquerdo vemos unha chea de panos colgados no rosal que a parede da entrada ao cemiterio ten. Unha tradición que se fai despois de lavar e secar a cara.

O Santuario de Conforto, a fonte, o cemiterio e a praza fan un conxunto moi bonito.

Seguimos despois do descanso por unha pista de terra pasando entre as casas de San Mamede (algunha femia fíxolle rir o nome) para chegar ao túnel de Boulloso onde novamente facemos unha pausa para introducirnos na súa historia.

O Túnel de Boulloso ten unha lonxitude de uns 150 m. e unha altura duns 3 metros en forma de arco no teito; unha gran obra feita polas mans do home. A verdade que a ruta e moi bonita tanto polo encanto da natureza coma o seu contido didáctico. Pasamos a mina e de seguido o forno de calcinación da mina de Boulloso.

Dende esta lugar vemos as instalacións deportivas: Piscina, canchas de tenis, etc…. Para rematar o último km facémolo polo tramo da ruta do Ferrocarril – Vía Verde ao carón do río Eo ata a praza dos fornos.

Xa eran as dúas da tarde cando chegamos, e coma sempre poñémonos cómodos e vamos comentando a xornada, facemos a cola para recoller o xantar: Bolos preñados, Bolas de lisco, requeixo e bebidas.

 Buscamos unha sombra para comer e descansar e con boa música de fondo foimos pasando un momento agradable xunto cos espantallos que adornaban a praza.

 Un dez para a ORGANIZACIÓN, Vémonos o ano que ven.

 Ás catro xuntámonos para facer a foto do grupo ( Algúns ata botaron a sesta) e de seguido saímos para a casa tomando a estrada que vai a Lourenzá pasando por Augaxosa para chegar a Foz as cinco da tarde.

Vémonos o 13 de xuño na ruta: Trigueira en Zobra - Lalin

Un saúdo

José Luís