Crónica
BELÉN DE CUMES 2017, A FROUXEIRA.
Un ano mais, imos
colocar o Belén nun cumio do
noso concello, nesta ocasión
iremos a Frouxeira, para as
vindeiras edicións teremos que
repetir o saír do concello.
O día amence cuberto, saímos en
coche ata Santa Cilla, para
dende alí comezar a nosa marcha.
Temos unha temperatura perfecta
para camiñar, e arrincamos a
subida ó cumio, cando nos
atopamos na metade da subida,
caen unhas pingas de auga, logo
pasan, son para que non nos suba
a temperatura nestas primeiras
ramplas, e así con paso
tranquilo chegamos as ruínas do
castelo.
Colocamos o Belén, nunha fenda
das rochas para que estea algo
protexido das inclemencias, e
facemos a visita o castelo,
subimos a súa parte mais alta,
achegámonos a Bañeira do
Mariscal, admiramos as fermosas
vistas do val, da costa e
sacamos algunha foto. Na parte
baixa facemos as fotos de grupo,
que deixen constancia do evento,
tamén facemos un brinde polo
Nadal e outro para despedirnos
xuntos das camiñatas deste ano
que remata.
Descendemos ata onde se atopan
os coches e así poñer punto
final a ruta de hoxe.
Un saúdo.
Bo Nadal e que o 2018 sexa un
ano de pasos moi felices.
Morís.