Crónica
Ruta, andareiro de verán, Frouxeira -Oirán
Este primeiro
sábado de agosto, encamiñámonos
ao pico da Frouxeira, para facer
o noso Andareiro de Verán. Ata a
cima fomos en bus e recolleranos
ao acabar en Oirán.
Facémonos a foto de grupo ao
baixar do autobús coa Frouxeira
e os restos do castelo de Pardo
de Cela como fondo. Dividímonos
en dous grupos, un cos que non
se atopen ben de forma ou non
teñan o calzado apropiado, xa
que hai tramos empinados de
descenso con arenilla, estes
baixarán en bus ata San Acisclo,
para desde alí dirixirse ata
Oirán. O resto iniciamos
descenso usando como referencia
o roteiro marcado ata o Castelo
de Alfoz, é por carreiro rodeado
de vexetación moi frondosa, que
nalgún punto non nos deixa gozar
da paisaxe, a metade do descenso
deixamos o roteiro e desviámonos
á esquerda, esta pista
achegáranos á base da Frouxeira,
que estampa tan fermosa déixanos
deste pico, parece outro, unha
mole impresionante de granito,
tamén nos ensina unha bela
estampa do Valadouro, a pesar da
vexetación tan frondosa que hai,
podemos ver algunha das figuras
que a natureza de forma
caprichosa esculpió na roca. E
así paso a paso acabamos o
descenso chegando a unha pista,
chaira, que virando cara á
esquerda levaranos a Oirán, é
pola pista que o outro grupo
vén, pero que non os atopamos xa
que pasaron moito antes que nós
por ese punto.
Seguimos camiñando ata chegar ao
cruzamento da estrada da Hermida
a Oirán, onde no Cruceiro que o
marca detémonos para esperar a
chegada do bus, que nos traerá
de regreso a Foz, para por fin ó
Andareiro de hoxe.
Grazas a todos e ata vindeiro.
Un saúdo.
Morís.