Crónica
Cun tempo bon e ceo despexado partimos dende Foz 30
sendeiros na busca do río Ouro na Parroquia de Fazouro. Na entrada do
río estaban esperándonos outros 20 sendeiros máis. O grupo partiu de
Foz camiño do cemiterio para baixar por o castro e achegarnos a Prado Vello.
Dende eiquí seguimos a carón da via do tren pasando por Palmiz para
acherarnos a Forxán para coller a pista de terra que nos leva por detrás
da antiga fábrica de "Pardiñas " e polo Polígono Industrial,
no medio de pinares e cunha vista da costa podendo ollar as praias de
Llás e Peizás. Seguimos a pista e polo medio das casas, xa en Fazouro,
achegámonos a entrada do río donde estaba esperando o resto do grupo,
facemos unhas pequenas recomendacións e a foto de rigor, e poñemos os
pés en pólvorosa. Vamos pouco a pouco adentrándonos no río e
así disfrutando dos belos remansos que vai facendo e contemplando a
cantidade de árbores autóctonos . Fresnos, Carballos, amieiros, etc..
que fai o paseo máis agradable polas suas sombras ao largo de todo o
camiño.
Pasiño a pasiño achegámonos o final da ruta, un lugar
moi fermoso donde o río, as suas augas, descansan no medio dun chao,
cunha fervenza e un entorno ideal para unha area de descanso. Posiblemente
quen lea esta pequena crónica pense que e esaxerado, pero pódese visitar
e penso que nos quedamos aínda cortos. Despois do disfrute deste fermoso
recuncho voltamos pola mesma beira, á saida do río cruzamos por unha
ponte hacia a igrexia de Fazouro, e subindo unha pequena pendente vámonos
achegando ós locais da Asociación de Veciños de Fazouro que de unha
forma desinteresada nos deixaron para xantar unha boa " Bonitada"
a cal iba acompañada por " bolo preñau " postre viño e café.
En torno a mesa xuntámonos 70 personas amantes do " RÍO OURO "
. Xa eran as seis da tarde cuando demos por finalizada a xornada e
retornamos a Foz polo camiño das praias : A Pampollosa, Peizás, Llás e
A Rapadoira. Verdadeiramente un gran día de convivencia e oxalá o ano
que ven podamos facer o " II ENCONTRO do RÏO OURO " para seguir
homenaxeando este fermoso río do noso Concello de Foz.
Ata sempre
José Luis
|