>
Crónica
Andaina de verán: Rota das Praias
Comezamos as Andainas do verán, co roteiro das praias, co obxectivo de percorrer o último tramo inaugurado a finais do ano pasado.
Concentrámonos diante do
concello, o día está asollado e
con moi boa temperatura para
camiñar. Dirixímonos cara ao
cemiterio por un carreiro,
pasamos á beira do cartel de
Hollyfoz e continuamos cara
ao Castro de Marzan,
camiñamos pola Veiga dá Sara,
para coller dirección Burela,
bordeando a variante. Pasamos á
beira das obras da depuradora
local, seguimos pola parte
traseira do polígono industrial.
Nas primeiras casas de
Fazouro que atopamos
desviámonos á dereita e pasamos
xunto á capela de San
Salvador. Continuamos ata a
praia da Pampillosa, onde
facemos unha parada para beber
auga e comer algo, antes de
continuar a marcha. Collemos o
novo tramo de paseo en dirección
Foz. Chegamos á primeira
praia Peizas, seguimos
serpenteando a costa e gozando
das vistas, chegando agora á
praia de Llas. Este tramo de
paseo polo que imos está cheo de
xente camiñando, que goza desta
fermosa mañá de sábado. Chegamos
á praia da Rapadoira, fin
do noso roteiro de hoxe.
Grazas a todos por este
magnífico día.
Morís.