Crónica
Aínda non amenceu cando 45 intrépidos se escorren
entre as sabas para disporse a encarar unha xornada máis en contacto coa
natureza. Son as 7.30 e estes aventureiros encóntranse diante do Concello,
para, guiados polo capitán da nave Luís, chegar ás paraxes do agardado Courel.
Rondan os 5º C na saída, pero chegados a Fonmiñá
baixamos ata os -6º C. As primeiras estampas que quedan nas nosas retinas
son o amencer despexado sobre a ría de Foz
e, as menos cálidas , pero non menos fascinantes, xeadas que nos atopamos
trala subida á Cruz
da Cancela.
A friaxe comeza a aliviarse cos " sons musicais
" que empezan a soar no autobús, mentres que o corpo entra en calor
co desayuno que engulimos en Pedrafita
do Cebreiro.
Son as 9.30 da mañá e dirixímonos a facer a ruta.
Pasamos xunto ó albergue de peregrinos, vemos varios e algún de nós
pensa en facelo Francés
en tempos próximos. As vistas son fenomenais. Tras un tramo de estrada
irregular chegamos ó punto de saída ás 11h. Pese o sol que fai a
temperatura ambiente é baixa.
Aaaaadiante!!!! comezámola andaina...e o comezo é
sorprendente, atopando un pequeno basureiro
¡ NO COUREL
! A primeira media hora síntese o frío pero é compensado polas vistas.
O camiño serpeante en fila de a un, deixando á esquerda o río e sobre
el erguéndose a montaña. Como é habitual vaise estirando o grupo,
quedando diante Ana a guía e pechando o grupo José
Luís.
Os aromas do entorno embriágannos ó longo de todo
o camiño. Pouco a pouco imos véndonos inmersos na arboredo de castaños,
haxas e robles. No chan os pes camiñan unhas veces entre as follas e
outras sobre castañas, que quen mais quen menos vai recollendo. Algún
levou para a casa ata 5 kg.
As cores ( ocres, amarelos, verdes, marróns...) o
son do silencio, do río, do pisar das follas...serven para sentir que
vivir en contacto coa natureza debería ser norma de vida de todos nós. O
silencio e a paz son rotos polas conversas animadas e as risas dos
expedicionarios que,de vez en cando, paran para sacar as fotos de rigor.
Estas fotos posiblemente poidan reflectir a beleza deste lugar.
A fame vai aparecendo e algún come castañas, pero
os máis previsores traen consigo unha empanada, da que dan boa conta.
Polo camiño atopamos cascadas, casas abandoadas, ata os restos dunha
empanada ¿ quen a perdería ?...
A media ruta paramos nunha terraza bar preciosa a
carón do río. Aquí facemos a foto de grupo e parece que alguén sufriu
un calambrazo facendo uso do servizo. Saímos por unha moi empinada costa
e continuamos a través dun sendeiro máis amplío. Despois a ruta segue
en descenso suave.
De súpeto, a tranquilidade, é interrompida por un
canto ¿un corvo ? ¿ un reiseñor ? non , o señor José
Luís Suárez ¡ o presidente !
Máis de un agarda con ganas estar diante dun prato
de cocido, pero antes queda tempo e ánimos para recoller bos puñados de
ricas , grandes e apetitosas castañas nun fantástico souto ó final da
ruta, que por certo rematamos anticipadamente xa que o cocido ía enfriar,
é dicir, non cumpriríamos o horario previsto.
Son as 3 h, a temperatura é fantástica e a xente
comeza a repasar as anécdotas. Dirixímonos ó restaurante e alí, un
pouco apertados, damos boa conta dun máis que merecido manxar, sobre todo
do tan ansiado cocido. ¿ Todos ? pois non. O andarín máis novo prefire
un prato de patacas fritas con ovo, mentres que a máis veterana, cos seus
62 anos, departe animosamente cos demais. Para o final queda o postre,
esgotado o pastel de castaña, tomamos un rico queixo con marmelo e pastel
de queixo casero con mel.
Despois de xantar e parolar amplamente, algúns
adícanse a cantar e outros a mercar castañas, queixo ou noces.
Atardece, son as 6 h e paseníñamente dirixímonos
ó autobús que, en 3 h, levaranos de volta a casa. De viaxe vemos a peli
de George
Clooney " Ocean´s
eleven " ( ¿que terá ese home ? ), pero tamén divisamos
tristemente un incendio na lonxanía dende o alto de Pedrafita
do Cebreiro.
A chegada a Foz
prodúcese ás 9 h cunha temperatura de 6º C.
Agora o turno é para a asemblea e cea - baile do
día 24, a reunión para preparar o entroido e, como non, preparar a
próxima saída para o día 16 de decembro coa ruta MON
- SAN MARTÍN DE OSCOS.
Así que ata a próxima saída e ... vémonos
camiñando, porque prométovos repetir. Un día de agradable compañía,
contacto coa natureza e un moito de relaxación ben valen a pena.
Vémonos.
David
Val
|