Crónica
Fin de
semana
Segovia, Hoces do Duratón,
Sepúlveda, Pedraza, Toledo
Días 17, 18 y 19 de Maio de 2013
Saída: Venres 17 ás 7 da mañá
Venres, 17
De novo Os
Sendeiros un ano máis fixemos o
viaxe fin de semana que había
programado, esta vez por terras
de Segovia e Toledo.
Durante toda a semana tíñamos a
preocupación da climatoloxía que
nos viña enriba, pero a verdade
que tivemos sorte co tempo.
Non se pode máis que felicitar a
os organizadores do viaxe, todo
un éxito, tanto pola ruta de
sendeirismo das Hoces do río
Duratón, coma as visitas que
fixemos as distintas poboacións
da provincia de Segovia e
Toledo.
Ás seta da maña do venres saímos
de Foz o grupo con moitas gañas
de pasalo ben. O día tiña cara
de poucos amigos, pero
confiámonos en que cambiaría,
coma así foi.
Cruzamos Lourenzá, Pastoriza,
Meira, O Cádavo, e nos Nogais
tomamos a autoestrada para
mergullarnos, despois de pasar
polo alto de Pedrafita con algo
de neve, en Castela/León.
Aínda non espertara Ponferrada
nin Astorga, un pouco máis
adiante fixemos unha paradiña
para estirar as pernas. Xa
tíñamos gañas baixar do autobús,
levábamos unhas tres horas de
viaxe.
Reanudamos de novo a marcha
camiño de Segovia, ao redor das
dúas, coma estaba previsto,
somos recibidos polo maxestuaso
Acueduto de Segovia, todo un
símbolo arquitectónico do século
I.
Sen máis, maletas en riste,
chegada ao hotel, por certo
chamado tamén acueduto. A súa
situación moi boa, preto do
centro da cidade.
O grupo despois do xantar cada
un foi facendo a súa
programación para pasar a tarde
visitando Segovia : Alcázar,
Palacio Real e xardíns de San
Ildelfonso, Catedral, Acueduto,
en fin, dicir que toda a cidade
de Segovia e toda ela un xoia, e
que merece a pena visitar. Na
rúa Juan Bravo dende o miradoiro
pódese ollar, a bola do mundo, a
Muller Morta, etc.. unhas
alineacións montañosas da Serra
do Guadarrama
Rematamos o día cedo, o día
seguinte toca madrugar,
espéranos a ruta Hoces do
Duratón
Sábado, 18
Ás oito da
mañá desayuno e de seguido
partimos a Sepúlveda para facer
a ruta : “Hoces do Duratón”, un
percorrido fácil de andar cunha
vexetación fermosísima. E unha
paraxe protexido que comprende o
entorno das hoces que o río ten
no seu tramo medio. Istas son o
cañón que Duratón, afluente do
río Duero, ha excavado nunha
zona de rocha caliza entre as
localidades de Sepúlveda e
Burgomillodo. Foi declarado
Parque natural o 27 de xuño de
1989 polas Cortes de Castilla y
León, integrándose cos espazos
protexidos de esa comunidade.
A colonia de buitres leonados
establecida na área protexida
está considerada coma a maior de
Europa, tanto polo seu número
(600) parellas censadas. Ista
colonia de buitres convértese
nos principais atractivos do
parque. Xunto a riqueza natural,
Destaca a capela de San Frutos y
el monasterio de Nuestra Señora
de la Hoz. Unha fermosa imaxen a
que forma no medio do río Durato
ao carón da presa.
Despois da visita a esta fermosa
paraxe foimos a visitar
Sepúlveda.
A Localidade de Sepúlveda os
seus primeiros datos sobre a
ocupación da vila fan referencia
a II Edad del Hierro, entre os
séculos. V y II a.C.. A esta
pequena cidade pertencía a
necrópolis da incineración da
Picota.
Toda a cidade ribosa historia,
moitas son as casas que locen
blasones nas súas fachadas da
alta nobreza que hubo en tempos
pasados. Conserva a praza maio,
e moitas casas coma se non
pasara o tempo por elas. Todo
Sepúlveda en conxunto e un
monumento e que merece a pena
perderse algún día polo pobo.
Os seus restaurantes teñen moita
fama do asado do cordeiro
lechal. Ao redor das 6 da tarde
dimos por rematada a visita. Cun
pouco de choiva subimos a
autobús para facer a derradeira
paradiña por hoxe no pobo de
Pedraza, tamén da provincia de
Segovia. Pedraza e unha
localidade cunha poboación de
467 persoas. Trátase dunha vila
medieval amurallada, a súa
cuidada rehabilitación motivó a
declaración coma Conxunto
Histórico no 1951. A porta da
vila e o único acceso a Pedraza,
e por tanto e utilizada coma
entrada e saída única do pobo. O
seus oríxenes remóntanse ao
séculoo XI, e foi reconstruida
no século XVI sendo señor de
Pedraza Iñigo Fernández de
Velasco, cuyo escudo preside la
entrada.
A praza porticada a o estilo
castellano e unha xoia, as súas
balconadas e os pórticos forman
un conxunto que remóntannos a
outra época, na mesma praza
encóntrase a Taberna D. Mariano,
establecemento nel que se
conservan case todos os seus
elementos de fai 200 anos, e
obrigada visita, pódese ver o
Castelo de Pedraza, rúas todas
elas empedradas coma as fachadas
das casas do pobo. Ao redor das
7 da tarde nos reagrupamos, e
non había outra conversa que non
fora falar destas dúas fermosas
vilas.
Eran ás 7,45h. cando de novo
regresamos a Segovia.
Verdadeiramente un sábado moi
aproveitado de cultural e
natureza.
Aínda antes da cea foimos a
tomar uns viños pola cidade.
Domingo, 19
Despois do
desayuno, as 8,30 da mañá de
novo a autobús rumbo a Toledo,
con caras do cansazo do día
anterior pero co gañas de
coñecer a cidade onde conviviron
durante séculos tres culturas:
xudia, musulmán e cristiáns.
Eran ás 10 cando cruzamos a
porta da cidade.
A o largo de toda a súa extensa
historia, Toledo foi coñecida
sempre pola Cidade da Tolerancia
o a Cidade das Tres Culturas,
A cidade nunca estivo dividida
de unha maneira clara por
barrios de cada unha das
relixións, pero sí existen zoas
dunha maior influencia de cada
unha delas.
La Ciudad Histórica de Toledo
está inscrita en la Lista
Oficial de los Bienes Patrimonio
de la Humanidad dentro de los
"Bienes Culturales" dende 1986
polo seús valores paisaxísticos,
su entorno xeográfico, el
encaxamiento do río, os
Cigarrales, las Vegas, el
emprazamento da cidade
migmatítica (rocas metamórficas
moi antigas), os seus miradoiros
(La Granja, Virgen de Gracia,
Santa Leocadia, San Cristóbal).
O noso grupo polo que se podemos
ollar non perdemos o tempo e
poñemos pés en pólvora para
poder visitar o máis posible: O
barrio xudeu, musulmán,
cristiáns, e non podía faltar a
visitas obrigadas da catedral,
alcázar, e o paseo en tren
turístico que nos ofrece unhas
fermosas vistas da cidade de
Toledo. Hoxe era un hervidero de
turistas polas rúas, xaponeses,
alemáns, ingleses, e como non os
de Foz tamén formábamos o grupo
de visitantes.
Seguro que o que máis e o que
menos gozamos desta beleza de
cidade.
Ás tres da tarde partimos xa
camiño de casa voltando de novo
por Madrid e facer unha paradiña
en La Bañeza, xa na provincia de
León. Un pequeno descanso, un
refrixerio e de novo a
autoestrada, ao paso por
Pedrafita a neve asomaba polos
montes moi preto de nós.
O tempo durante o fin de semana
foi compasivo co o viaxe e fixo
posible que se puidese facer sen
ningún problema climatolóxico.
Soamente me queda felicitar a
organización do viaxe, e por elo,
que o grupo poderamos pasar un
bo fin de semana por terras de
Segovia.
Grazas amig@s diretivos.
Un saúdo
José L. Suárez