Crónica
Nesta data facíamos a primeira ruta do ano 2007. A saída
coma sempre dende a casa do Concello, con bo tempo,case primaveral, pero
iso si, facía frío aínda da xeada da noite.
As nove e media da mañán, partíamos 48 sendeiros, con
gañas de pasar un bo día por terras de Cervo. Despois de recoller a os
sendeiros Rosa
en Forxán, eVidal
e Cancio
en Fazouro, seguimos estrada adiante no autobús ben conducido pola
esperta Elvira.
As dez e media, chegamos a Curuxeiras en Rua punto
de partida da ruta, neste lugar aínda seguía o frío, botamos as
mochilas ao lombo, e a camiñar. A ruta nun principio era costa arriba,
pero fácil de levar, a uns dous km máis ó menos a esquerda
encontrámonos o encoro no río Xunco, que abastece de auga a os concellos
de cervo e Burela. Seguimos subindo ata chegar a o alto, onde se atopa a
"caseta do cazador", facemos un reagrupamento e volta a camiñar.
Xa daban as once e cuarto e seguimos o camiño tomando a pista a dereita
sempre baixando, entre eucaliptos e máis eucaliptos ata chegar a pequena
aldea de Trasbar. Neste núcleo de casas ollamos fermosas construcións de
pedra restauradas, terras ben coidadas, case en todas as casas no seu
patio teñen laranxeiras cheos de froito, por certo moi zumosas e doces as
laranxas ,"algunhas collemos dos árbores". Saudamos algúns que
outros veciños, atopamos unha pequena capela no honra de Santa
Eufemia, e a uns quinientos metros estaba esperándonos el autobús
para facer o seguintes tramos da ruta. Íamos con un pouco de retraso, era
a unha e dez, e tíñamos que percorrer primeiro o "paseo dos
namorados" partindo pola parte de Vilaestrofe O lugar e moi bonito e
fácil de andar bordeando o río Xunco que vai formando recunchos, algúns
hasta ollaron mexillóns, o mesmo que outros ollaron ameixas, ja...ja...ja...,
espazos fermosos, cunha variedade de árbores: Abedules, acivros, felgos,
bidueiros.
Así vamos disfrutando da paisaxe hasta chegar á
presa da antiga fábrica de Sargadelos, un lugar fermoso onde os hax. Neste
lugar fixemos a foto do grupo. Dende aquí e onde comeza o "Paseo dos
namorados" cheo de carballeiras, ben coidado, cos seus bancos, un
rincón que da pé a reflexión, a carón do río. Ten uns trescentos
metros de percorrido ata chegar as antigas " Reais fábricas de
Sargadelos", construidas a finais do ano 1700 por D.
Raimundo Ibáñez, Marqués de Sargadelos. Hoxe en día pendentes de
rematar as restauracións : dos fornos, caballerizas, os talleres,
almacenes, formando todo un gran conxunto de cantería.
Dende aquí seguimos a ruta polo "Camiño
real", un camiño que nos fai recordar a grande riqueza que noutros
tempos tiña esta zona de Cervo. Un camiñante recordaba que alguén lle
contara que por aqueles anos posiblemente fora o único Concello da
comarca que non tiñan as súas xentes falla de emigrar a ningures. Ao
paso pódense ollar restos de grandes casas de pedra, muíños, e o río
Xunco como o noso compañeiro. O camiño vai achegándonos pola beira do
río ao complexo hoteleiro "O
Almacén" , negocio que goza dunha grande tradición, e fama do
bo xantar. Chegamos ao Souto de Cervo sobre as dúas e cuarto, sen tempo
para deleitarnos da beleza do conxunto artístico que forma todo o pobo.
Tomamos unhas "cañas" no Rincón de Copa
e sen máis todos ao autobús para achegarnos ao restaurante "Castelo"
para repoñer forzas. As tres entramos no comedor e o numeroso grupo fomonos
sentando para comer. De menú : Fabada Asturiana, Pescada á romana,
prostre, café e viño. Durante a comida a harmonía reinaba todo o
tempo o mesmo durante a sobremesa. Creo que a ruta foi moi fermosa,
fácil, onde se recrea a vista contemplando as marabillas que estes
paraxes nos ofrecen.
As catro e media deixamos San Cibrao para achegarnos
a Foz, a onde chegamos as cinco e media sen novidade. E boa a idea de
visitar as rutas da zona porque te sorprenden as fermosos rincóns que
temos.
Ata a próxima
José
L
|