>  

 

Crónica

Andareiro de Verán: Ruta Castro de Fazouro

Para este último roteiro de verán, escollemos ir ao castro de Fazouro, e aproveitar e subir ata o banco de Lousada.


Concentrámonos diante do concello e desde alí dirixirémonos cara a Fazouro. Esta primeira parte da marcha de hoxe será por beirarrúas e pistas asfaltadas. Desde a gasolineira de Repsol iremos por unha pista paralela á estrada xeral ata o cámping de San Rafael, continuando pola estrada ata a praia da Pampillosa, cruzaremos a ría pola ponte e seguiremos as indicacións do roteiro do Cantábrico ata o Castro, pasamos por o Portiño de Fazouro, iremos paralelos ás vías do tren e así chegaremos ao Castro. Tomamos algo para repoñer forzas, e sacamos unha foto de grupo. Agora seguimos bordeando a praia de Arealonga, ata atopar o paso baixo a vía e a estrada, para cruzar sen problemas e así subir cara a Lousada. Pasamos baixo un hórreo e uns poucos de pasos máis alo, nos achegamos á capela de Lousada, xusto ao seu lado está o banco, desde o que temos unhas magnificas vistas. Baixamos cara ao área recreativa da ponte de ferro, nos reagrupamos, e continuamos de regreso a Foz. Collemos o Camiño do Cantábrico e imos bordeando a costa, o primeiro que atopamos é a praia de Peizas, que co mar bravo que había, atopábase chea de surfeiras. Tras pasala e gozar a panorámica, seguimos serpenteando a costa ata chegar á praia de Llas. Continuamos o paseo marítimo, agora acompañados de moita xente, ata chegar á praia da Rapadoira, que será onde poñamos o punto final ao roteiro de hoxe.


Precioso día no meteorolóxico e na compañía.


Grazas a todos por gozar destes roteiros de verán connosco e ata o próximo verán.

Un saúdo

Morís.