Crónica


O Domingo 31 de Agosto Os Sendeiros de Foz percorremos o roteiro programado para este mes. A semana anterior era a data que tiñamos fixada  pero por mor da celebración na nosa vila da Festa Normanda tivemos que adialo para o fin do mes.

Diriximonos ata As Pontes de García Rodriguez para pasar o día disfrutando destas fragas de gran beleza.

Comezamos no Alto da Carballeira, a 700 m. de altura e fixémolo cun  descenso pronunciado de 3 km ata chegar ós 500 m. Coincidéu que se celebraba unha carreira que discurría en dirección contraria á nosa, e nesta baixada xa nos atopamos coa cabeza da carreira.  En seguida nos cruzaríamos con mais corredores e ningún se quedóu sen os nosos berros de ánimo

A paisaxe é preciosa, con unha frondosa vexetación autóctona nomeadamente carballos e acibros. Continuamos por un camiño irregular con subidas e baixadas, pero que continúa ata os 420 m cando xa levamos 7 km percorridos. Neste tramo pasamos por lugares de difícil acceso que só permite o paso dunha persona. En alguns  puntos habilitaron escaleiras de madeira con cordas para axudarse na subida. Noutros é demasiado estreito e temos á nosa dereita un precipicio có río aló embaixo. É o tramo mais perigoso. Aquí atopámonos cun grupo de ciclistas coa bicicleta ó lombo que amablemente agardaron a que pasáramos nós.

 Ruta Fragas da Ribeira e Lostegal  Ruta Fragas da Ribeira e Lostegal  Ruta Fragas da Ribeira e Lostegal  IMG_20140831_105044

Axiña chegamos ó embalse e fixemos unha parada para reagruparnos e comer algo no  Chao do Habanero.  Ainda se vé parte da construcción da explotación que este home tiña no lugar, e que din era moi avanzada para a época.

Seguiremos o roteiro subindo e baixando, atravesando regos coma o Rego do  Inferno, o camiño pedregoso e surcado con raíces dás arbores que o facían perigoso e provocóu algunha caída con susto incluído por mor do temor a unha lesión.

Xa teríamos en adiante  á vista o embalse e ó lonxe xa se vían as instalacións da central térmica coa sua imponente cheminea. Fixemos outro reagrupamento na área recreativa a carón do encoro para continuar despoís baixando hacia o río por un sendeiro que nos levaría ata o Parque do Eume, xa nunha barriada de As Pontes.

Neste parque acomodámonos para xantar as viandas que cada quen traía, e como non había ningún bar nas cercanías para tomar café, decidimos partir cara a Foz facendo no camiño unha breve parada.

E así pasamos o día este grupo de sendeiristas, disfrutando destas bucólicas fragas e cun tempo espléndido que nos acompañóu.

David.