Crónica

TRAVESÍA COSTA NAVIEGA 2026

Un ano máis participamos na travesía costa naviega, organizada polos nosos amigos de Peñafurada. Este ano imos un grupo reducido, xa que esta fin de semana hai moitas festas na zona.


Aparcamos na zona do porto de Navia, dirixímonos á estación de autobuses, onde empregaremos o bus da organización para chegar ao lugar de partida. Baixamos do autobús na estrada nacional, e imos camiñando ata o punto de saída. Dannos un rico chocolate con biscoito, anímanos un grupo folclórico, e tras unhas breves palabras das autoridades dan o pistoletazo de saída. Toca camiñar para percorrer este bonito sendeiro costeiro. Nós, desviámonos e comezamos o carreiro no barrio de Vigo. Chegamos á Puntona, desde onde temos unhas vistas marvillosas. Imos pasando ao lado de fermosas calas, cunhas augas transparente e dun azul turquesa que parece que estamos no Caribe. Na enseada de Asteiro espéranos un avituallamiento. A serpe multicolor serpea o relevo e deixa unha estampa moi fermosa. Chegamos á punta do Castillo e observamos unha vista preciosa de Porto de Vega, atravesámolo e tomámonos unhas cañas para hidratarnos. Seguimos o camiño desfrutando do tempo asollado que temos e da paisaxe, camiño da praia de Frixulfe, onde nos darán a bolsa da comida, aproveitamos para comer, desfrutando da vista da praia e de paso descansar un pouco antes de continuar o noso roteiro. Agora despois de comer tócanos a parte máis dura, as subidas máis empinadas, pero coa paisaxe que vemos lévanse mellor. Chegamos á praia de Coedo, e agasállannos cunha rica e refrescante sangría, que nos anima e empuxa para chegar ao final. Desde punta a Barra, vemos xa a bocana da ría de Navia, pasamos pola praia do Mouro e chegamos á praia de Navia, seguimos o carreiro entre as arbores, ata chegar ao porto de Navia, onde termina a aventura de hoxe.


Nos xardíns a organización tennos unha animación musical para despedir o día, cuns bailes.


Un saúdo a todos, e ata a próxima.


Morís.