Crónica
Ruta Rinlo - San Martiño
Nun bonito día,
facemos esta camiñada desde
Rinlo ata San Martiño, para
exaltar a variante marítima do
Camiño de Santiago.
Xuntámonos xentes de toda a
Mariña e Asturias, en Rinlo,
sobre a ponte xunto á Rula
facémonos unha foto de grupo,
para logo comezar a nosa marcha
pola costa. O día está
esplendido, loce o sol, non
temos vento e a temperatura é
fabulosa para camiñar. Este
roteiro para reivindicar e
enxalzala variante marítima do
Camiño de Santiago, parte da
asociación Abrindo Camiño.
Imos bordeando a costa en dirección San Martiño, usando as marcas do Camiño Natural do Cantábrico. Como se goza da paisaxe, a compañía, sacamos numerosas fotos xa que as vistas meréceno, a praia das Catedrais está a rebordar, continuamos e nos reagrupamos na praia de Arealonga. Seguimos camiñando gozando as vistas da comarca, as praias xa con xente aproveitando o bo tempo, ata chegar á praia de Altar, onde nos subiremos ao bus que nos levase ao restaurante onde imos comer todos xuntos, restaurante Dorrego, en Barreiros.
Terminada a comida dirixímonos á
Espiñeira, para continuar a
marcha evitando cruzar a estrada
nacional. Toca subir cara á
capela do Carmen, atravesando
Villaronte, o sol cae en picado,
e súase bastante xa que non hai
sombra, visitamos a capela e
continuamos cara a San Martiño,
esta parte da camiñada é costa
abaixo, xa nos dá sombra a
vexetación e refresca o ambiente
as augas do río Centiño, facemos
parada no Espazo Caritel, onde
Caxiguiero ofrécenos unha visita
guiada por este magnífico
pequeno xardín botánico, con
obras de arte incluídas que o
fan aínda máis atractivo,
rematando cunha visita á
galería, coa súa correspondente
explicación polo artista.
Subimos cara á Basílica de San
Martiño, onde rematan os actos
de hoxe, coa actuación da banda
de música de Foz e unhas
palabras das autoridades
presentes.
Magnifico día grazas a todos e
ata a próxima.
Morís