>  

 

Crónica


Andaina Solidaria de Reis, Barreiros.


Iniciamos as nosas saídas deste 2023, no concello de Barreiros, coa Andaina Solidaria de Reis, a beneficio da asociación Saúde Mental dá Mariña, co que poñer o noso pequeno granito de area en favor desta asociación.


Concentrámonos no campo de futbol o Cascabeiro de Barreiros, recollemos o dorsal e unha gorra, falamos con outros participantes e esperamos na liña de saída, ata o momento do comezo da Andaina. Imos dirección Aspera, para pasar xunto á igrexa da parroquia de San Cosme, continuamos dirección oeste, ata o Vilar, tras pasar sobre a via do tren collemos unha pista á nosa dereita, a cal nos levara ás inmediacións da Cruz do Lobo, para coller o Camiño Natural do Cantábrico, pasamos xunto á casa de Milo Pallares e imos bordeando a ría en dirección este, pasamos pola Lagoa dos Patos, seguimos ata a Barcela e desde o miradoiro, vemos a ría e enfronte Foz, seguimos camiñando ata chegar ao campo de futbol de onde partimos á primeira hora e así poñemos punto final ao roteiro de hoxe.


Un saúdo
.

Morís.