>  

 

Crónica

IV Día do Sendeirista de Galicia

Nesta ocasión diriximos cara terras ourensans, para da man do Club Alpino, participar no día do sendeirista de Galicia, será en Cabeza de Manzaneda. Decidimos saír o día anterior e facer noite en Trives, aloxamonos no hostal A Viuda, trato exquisito e comida de luxo. Aproveitamos para celebrar el cumpleaños dun dos nosos andarines, Parabens.

O domingo amence cunha xeada de campeonato, o que presaxia un día espectacular. Subimos no bus e imos cara estación de esquí de Cabeza de Manzaneda, que é o punto de encontró e partida da ruta de hoxe. Pasmos lista e recollemos un agasallo que nos achegan os organizadores. Unhas breves verbas por parte do representante federativo, un saúdo da presidenta da organización, para ceder a palabra o guía da ruta de hoxe, que da unas sinxelas explicacións de cómo a ser a ruta e normas básicas por mor da pandemia.

Saímos rodeados de piñeiros por unha pista ampla, e imos gañando altitude o que nos deixa gozar dunhas panorámicas impresionantes, vemos o val do Sil, do Bibei, as serras orientais galegas e do Bierzo e Sanabria. Desviamonos un intre cara o mirador de Penedo dos Lobos, magnifico balcón, que co tempo tan maravilloso que temos, permite disfrutar deste 360, o macizo de Trevinca, o Caurel, Ancares, Serra da Lastra, a zona de Sanabria e o Bierzo.

Ascendemos cara o sur, disfrutando das magnificas vistas destes vales glaciales, chegamos o curro do Forxo e facemos unha pequeña parada, para repoñer folgos. Toca un pouco de diversión deixamos as pistas de terra e adentramonos nun sendeiro de montaña, que nos levara ata Cabeza Grande de Manzaneda, teito da ruta de hoxe e derradeira oportunidade para disfrutar das vistas panorámicas da contorna. Dende aquí descendemos polas pistas da estación ata o albergue do club, onde nos espera un deseado magosto.

Genial fin de semana, preciosa ruta e magnífica compañía.

Un saúdo.

Morís.