Crónica


BELEN DE CUMBRES


Por primeira vez este ano, decidimos facer como se fai noutros lares, e instalar un Belén de Cumbres, con elo quixemos animar o inicio do Nadal, implicar mais os mais novos xa que están de vacacións, todo iso ca escusa de camiñar todos xuntos na natureza, instalar un Belén e brindar polas festas que veñen agora.


Escóllemos para facelo, o cumio mais alto do noso concello , o Alto do Virin, e arrimado a caseta dos forestais, alí quedou plantado.

 IMG_20141221_100645  IMG_20141221_103149  IMG_20141221_111438  IMG_20141221_114542


Saímos as 9:30h da maña, en bus ata a capela do Carme, na parroquia de San Martiño, alí comezou o noso camiñar, fu mos ascendendo, por pistas forestais ata a cima, foi magoa que o día non acompañara, xa que tivemos néboa toda a camiñata, e non permitiu gozar das inmellorables vistas que dende o cumio se ven.


Alí na cima xunto a caseta dos forestais, fixemos a foto de grupo, plantamos o belén e brindamos polo Nadal e o ano novo. Dende este punto comezamos o descenso cara a capela do Carme, onde nos esperaba o bus que nos achegaría a Foz, para rematar o día.


Dende Os Sendeiros, queremos desexarvos unhas felices festas e un prospero ano novo.


Morís.