Crónica
Esta vez tocou
madrugar mais que de constumbre
porque tiñamos por diante 225
kilometros para chegar a Noia.
Eran as 7 da mañan cando saímos
de Foz e nada facía prever a
nevada que nos caeu polo Alto da
Xesta, deixando un manto blanco
que cubría tellados das casas e
os campos. Afortunadamente
conforme avanzabamos o ceo foi
despexandose e chegamos a noso
destino con un tempo primaveral.
Noia e unha vila mariñeira que
comparte con Muros a ría a que
ambas dan o nombre y que exerce
como fronteira entre as Rias
baixas -as que pertenece- e a
Costa da Morte. Existe unha
antigua tradición que atribue a
orixe de Noia a unha neta de
Jafet, fillo de Noe que atracou
nesta costa despois do diluvio
universal. Ainda hoxe o escudo
da vila, recolle esta lenda no
seu emblema, no que se ve a arca
de Noé flotando sobre o mar e
enriba dela unha paloma cunha
pola de olivo no seu pico.
Pero deixando de lado os mitos,
que poden ser certos ou non, os
restos mais antiguos que se
conservan dos primeiros
habitantes pertenecen o periodo
megalitico, entre 3000 y 1000
a.de C. De esta época son os
castros, dolmenes e grabados
rupestres en pedra
(petroglifos)..
As 10.30 baixamos do bus e diriximonos a Plaza do Tapal donde se levanta a Igrexa de San Martiño (patrono da vila) de estilo gótico construida no 1434. O seu arrededor é donde se concentra o casco histórico declarado conxunto histórico-artístico en 1985. Atravesamos pola ponte que cruza a ría y collemos pola carretera que ascende o Paramo pasando polo Pazo da Pena do Ouro y un pouco mais arriba damos co dolmen Da Cova da Moura que conserva as nove lousas que a forman pese a que perdeu a sua cuberta.
Continuamos ascendendo hacia o
monte San Lois (360 metros)
atravesando fragas de
castiñeiros, carballos, pinos,
eucaliptos...matorrales nos que
destaca o toxo que estoupa de
colorido coa chegada da
primavera, enchendo de color
amarillo os verdes campos. Paso
a paso chegamos ao mirador no
que se ve a totalidade da ria de
Muros e Noia e o Mar
Atlantico.Dende aqui tiñamos
unha panoramica da orografia de
esta comarca que se carecteriza
pola conxuncion entre o monte e
a costa pola que se esparcen os
pobos y as playas. No frente da
beiramar: Freixo, Cruceiro de
Roo, Esteiro, Muros y o Monte
Louro, Y na parte Sur: Boa,
Portosin, Portoson....y no medio
a isla da Creba.
A partir de ahora o resto do
camiño xa era costa abaixo hasta
chegar a o pobo de Taramancos
que cruzamos para chegar a playa
de Testal, a primeira das playas
de Noia. Nesta playa e donde se
recollen os berberechos, cos que
se preparan as famosas empanadas
de millo (!bo proveito! os
compañeiros que as mercaron).
Continuamos a nosa andadura polo
Obre y volvemos a cruzar polo
mismo ponte que cruza ria para
rematar a nosa andadura. Xa eran
as tres da tarde cando voltamos
ao autobus que quedara aparcado
no malecon donde estaban as
pulpeiras, asi que alguns dos
compañeiros aproveitaron para
comer e dar unha volta pola
Alameda e arrededores por donde
habia moitos postos e atraccions
de feira porque o dia 25 de
Abril celebrase a ferira de San
Marcos, patron da vila.
As cinco e media emprendemos o
noso camiño de volta en con unha
pasaxeira mais, a miña nai, que
aconstuma a pasar uns dias en
Foz no que tan a gusto se sinte
polo pobo e a sua xente.
Gracias a todos y hasta a
próxima.
Antonia