Crónica

SÀBADOS DE VERÁN: RUTA DAS IGREXAS

Para este último roteiro do mes de Xullo, decidímonos por un paseo por parte dos nosos edificios relixiosos máis próximos, por iso chamámola roteiro dás Igrexas.


Toca un día húmido, xa que está a chover, pero iso non impide que salgamos a camiñar con bo ánimo. Como de costume xuntámonos diante do concello, despois dunhas breves indicacións do roteiro de hoxe, á hora indicada saímos a camiñar. Dirixímonos ao primeiro punto de interese, iso si, despois de percorrer algunha rúa de Foz, estamos fronte á capela de San Brais. Continuamos pola estrada ata o muíño de Leyton, para continuar cara a Vilacendoy, dende aquí baixaremos ata San Martiño. Agora toca subir ata a capela do Carmen, pero como está a chover, non nos sobe a temperatura, unha vez na capela aproveitamos para repoñer forzas comendo algo e hidratándonos.


Toca continuar e alcanzar a Igrexa de Vilaronte, dende aquí, xa a nivel dirixímonos cara a Mañente, onde colleremos a senda natural do Cantábrico, que nos achegará a Foz. É un bonito e agradable paseo, rodeado de piñeiros e eucaliptos, sobre un piso de zahorra, a pesar do día chuvioso que temos, déixanos unhas esplendidas vistas da ría.


Chegamos aos estaleiros de Foz e continuamos a marcha cara ao porto, onde poñeremos fin ao noso roteiro de hoxe.


Grazas a todos por este bonito día e ata a seguinte.

Un saúdo.

Morís.