Crónica
Amenceu con sol radiante, pero cada un dos
52 sendeiristas de Foz
que íamos participar nesta travesía levábamos chuvasqueiro. Despois
de varios días de choiva mirábamos con desconfianza ó ceo, e
pregábamos para que o sol que brillaba con gañas se aguantara todo o
día.
As 9 h partimos cara a terras
naviegas para realizar o roteiro que faría o número 33 da historia da
nosa Asociación Os Sendeiros de Foz. Cando chegamos a Bao
xa había moitos sendeiristas de diversas partes de Asturias, Galicia e
outras comunidades autónomas cercanas. Un grupo de gaitas amenizaba a
espera, que os responsables dos grupos aproveitaban para establecer lazos
de amizade e dar a coñecer os seus proxectos. Por fin, as 10:30 h,
comezamos a camiñar. Unha morea de xente enchía o camiño. Segundo o
persoal do Grupo
de Montaña e Aire Libre Peña Furada, organizadores do evento, máis
de 1200 inscritos estabamos participando na travesía.
Axiña atopamos o río
Barayo, do cal disfrutamos por un largo treito. As augas baixaban
claras e abundantes, debido as intensas choivas dos días anteriores.
Camiñabamos ente piñeiros e eucaliptos e, á beira do río, alisos e
sauces. Antes de chegar á desembocadura ascendemos por un camiño que nos
levou a un mirador dende o que puidemos admirar a preciosa praia
de Barayo, declarada Reserva Natural Parcial. Os mais vellos
recordamos a película titulada El
Cristo del Océano con escenas rodadas nesta praia: nunha cova da
mesma fixera o neno protagonista atopara a imaxe do Santo Cristo. Nesta
película do ano 1971 traballaron entre outros actores José
Suárez e Pilar
Velázquez.
Seguimos camiñando pretiño dos
acantilados admirando as vistas da costa naviega, as recoletas calas, o
mar tranquilo. Cando levábamos unhas dúas horas de marcha, chegamos a Puerto
de Vega, fermosa vila pesqueira que conserva todo o sabor e atmosfera
mariñeira do que tanto gustamos os focegos e tanto botamos de menos. No
ano 1995 foi galardoado co premio ó Pueblo Ejemplar de Asturias. Algunhas
rúas lucían preciosas alfombras florais na honra do Corpus Christi.
Algúns simplemente as admirábamos, os máis profesionais xulgaban o
traballo e tomaban nota, seguramente para aplicar algún deseño
na vindeira festa
do Carme en Foz.
Fixemos un pequeno descanso e
aproveitamos para tomarmos unhas cañas, cocacolas, e hasta vermú. E
mentres tanto recordar a amizade que antigamente existía entre as xentes
dos dous pobos, Puerto
de Vega e Foz
, por razóns de compartir pesqueiras ou por
formar parte das tripulacións dos mercantes costeiros que sucaban as
augas do Cantábrico. Así temos xente de Foz
casada en Puerto
de Vega, e viceversa. Un recordo para todos eles.
Continuamos a marcha, e seguimos a
disfrutar da beleza desta costa, con numerosos illotes e castelos, rica en
especies coma o sargo
ou a lubina,
un paraíso para a pesca
submarina ou para o disfrute da paisaxe subacuática. Cando levábamos
algo mais de 3 horas de marcha cegamos á praia
de Frexulfe, á que accedemos tras cruzar unhas pequena marisma con un
rego no que croaban abundantemente as ras. Alí aprovisionáronnos con
unha bolsa que contiña un bolo preñado, un prostre lácteo e unha mazá,
dos que demos conta á sombra duns eucaliptos.
Retomamos o camiño para percorrer o
último tramo. E fixémolo en subida, baixo un sol de xustiza, e a ameaza
de choiva. Este tempo tormentoso fixo que apurásemos o paso coa esperanza
de acabar antes de que empezara a chover. Mesmamente caeron algunhas gotas
e moitos puxemos os chuvasqueiros. Que houbo que quitar inmediatamente
porque o sol volveu a quentar con forza. Así fomos recorrendo un bo
treito tratando de disfrutar do camiño, pero a preocupación pola
metereoloxía e o cansazo que empezaba a facer mella o impedía. Cando
cegamos a un alto, un equipo da organización estaba a repartir sangría,
fresquísima e deliciosa. Isto xa era na zona de Andés.
Proseguimos a marcha a bo paso, admirando
as pequenas calas ate que ó lonxe apareceu a torre branca o faro
de San Agustín. Isto significaba que xa estabamos preto do remate da
travesía. Así fómonos acercando a bocana da ría
de Navia ate que cegamos a unha pista asfaltada. Alí outro equipo
repartía vasos de chocolate. Ao pé mesmo atópase a praia
do Moro coa Pena Furada, que da nome á Asociación organizadora de
esta travesía.
Camiñamos un pouquiño mais e xa chegamos
á praia
de Navia, preciosa e con unha bonita área de descanso, onde finalizou
a travesía cando eran as cinco da tarde. Pouquiño despois de finalizar
comezou a chover con gañas. Menos mal que nos deixou rematar o roteiro.
Despois de un bo descanso e de aproveitar para tomar algún refresco nos
bares da zoa, emprendemos a marcha de volta para Foz
Penso que hai que felicitar o Grupo
de Montaña e Aire Libre Peña Furada pola magnífica organización
desta XX Travesía da Costa Naviega.
David
Méndez.
|