Powered by Wikiloc

>  

 

Crónica

Andareiro contra a violencia de xénero 2023

Este ano a Andaina Contra a Violencia de Xenero, saíu de Foz ata Cangas, despois de recoller o ano pasado a testemuña en Barreiros.


Concentrámonos na praia da Rapadoira, onde nos deron un chaleco conmemorativo para o efecto, o cal luciríamos durante todo o roteiro. Tras unhas breves palabras de representantes das asociacións convocantes e responsables políticos, contando o motivo que nos trae ata aquí, para celebrar esta camiñada, deu comezo a marcha, seguindo o camiño natural do cantábrico. O día esta magnifico, loce o sol e fai moi boa temperatura. A longa serpe de cor rosa vai seguindo a silueta da costa. Pasmos xunto aos Castelos, seguimos cara a o Ollo do Mar, cruzamos pola ponte de madeira e case sen darnos conta, falando uns cos outros e gozando das espectaculares vistas da costa chegamos á praia de Llas. Continuamos cara á praia de Peizas, onde aproveitamos para facer un mosaico co lema de NON. Agora camiñamos polo novo tramo de paseo aínda sen inaugurar ata a Pampillosa, onde na área recreativa de entre pontes, espéranos un pequeno avituallamiento. Cruzamos sobre o río Ouro e seguimos cara a Nois, pasando pola praia de Arealonga. Seguimos esta senda preto da costa gozando das súas praias e calas, Polas, Xuncos, e así chegamos a Cangas onde no seu centro social poñeremos fin ao roteiro de hoxe. Tras unhas breves palabras de agradecemento aos participantes, lembrando o motivo que convoco esta marcha, agasállannos cuns petiscos antes de subir ao bus que nos traerá de regreso a Foz.


Grazas a todos por este magnífico día.


Un saludo.

Morís.