Crónica

ANDAREIRO 93, DIA DO SOCIO


Este ano, a xunta directiva quixo adicar o día do socio, a coñecer as nosas parroquias, por iso o roteiro do mes de marzo discorreu polas parroquias de Foz, Vilaronte e San Martiño, ben a poderiamos chamar ruta das igrexas.


Saímos pasadas as nove e cuarto da maña de diante do concello, coma sempre, polos calexos baixamos cara a igrexa de Foz, dende alí polo carreiro, da fonte de Foz, que discorre por detrás da piscina municipal, fumos cara o paseo de Malates, que serpentea o río Centiño, ata Mañente, na fonte do Souto, esperábanos Silvano. Pasamos baixo a estrada da costa, para encarar a subida o cemiterio de Vilaronte, neste punto da ruta caéronnos unhas pingas de auga para refrescarnos mentres ascendiamos, xa no alto puídemos contemplar as fermosas vistas do val do Masma, da ría de Foz e a impresionante costa que temos, un sendeirista neste punto mirando cara a baixada da autovía, que estaba mollada polo chuvasco que acababa de caer e cos raios do sol que atravesaban as nubes dixo, ¿que rio é ese que serpentea pola ladeira da montaña?.

Dia do Socio 2013. Roteiro polo Concello de Foz. Dia do Socio 2013. Roteiro polo Concello de Foz. Dia do Socio 2013. Roteiro polo Concello de Foz. Dia do Socio 2013. Roteiro polo Concello de Foz.


Continuamos o noso camiñar ata igrexa de Vilaronte, e dende alí polas rúas interiores de Vilaronte fumos indo cara a area recreativa da capela do Carme, onde fixemos unha pequena parada para recuperar folgos. Xa co bandullo cheo descendemos cara a basílica de San Martiño, para dende alí ascender ata a capela do Bispo Santo, onde aproveitamos para facer a foto do grupo e gozar da panorámica, xa que están talados moitos montes. Dende aquí descendemos cara a Porto e seguindo a estrada de San Martiño, pasamos por diante da capela de San Blas, en Vilaxoane. Fumos polo campo de fútbol novo cara a gardería, para baixar o peirao, lugar onde remataba a nosa andaina.


O día culminou cun xantar no Tangarte Mariñeiro, que nos permitiu recuperar as forzas gastadas neste andareiro.


Ata a próxima.


Morís.