Crónica
Ruta
Ría de Ferrol
Nesta ocasión diriximos cara as
terras de Ferrol, xa que a
camiñata deste domingo, discorre
polo borde interior da ría de
Ferrol.
Partimos de diante do concello
de Narón, e percorrendo algunhas
das súas rúas, chegamos a igrexa
e mosteiro de San Martiño, a ser
a partires de aquí, cando comece
propiamente o camiño o son da
ría, chéganos un perfume que
provén dos lodos da ría que
están o descuberto pola marea
baixa. Cando nos estamos
achegando o muíño das mareas
comeza a chover, tapámonos
debaixo da ponte que esta a
carón do muíño para agruparnos,
momento que algún dos camiñantes
aproveita para botar un grolo de
auga e picar algo, continuamos
polo paseo marítimo que discorre
paralelo a ría ata chegar a
ponte que a cruza, e nos pon en
terras do concello de Neda,
dende este punto, ollamos a
ponte da autoestrada, a ponte do
tren a ponte das Pías, así coma
as grúas de Navantia.
Continuamos polo paseo e para de chover, facemos outra parada para agruparnos a carón do concello de Neda e volver a repoñer forzas, continuamos cara o Pazo da Merced, hoxe un hotel, camiñamos pegados as vías do tren ata chegar a un pequeno embarcadoiro, onde aprovéitamos para sacar a foto de grupo, como está a marea baixa, continuamos o camiño pola veira da ría, ou sexa pola area pegada a costa, ata chegar o paseo de madeira que continua bordeando o litoral, ata praia urbana de Fene, a carón dos estaleiros de Navantia, onde comeza a ponte das Pías, que cruza dende Fene ata Ferrol o ancho da ría, o final do noso camiñar é no polígono das Gándaras, en Ferrol, onde o bus nos espera para levarnos a comer o restaurante a Ponte.
Un saudo, e ata a próxima.
Morís.