Crónica

RUTA FRAGAVELLA


Para este segundo roteiro do ano non, tocanos facer de anfitrións e ensinar as marabillas da nosa terra, aos amigos do MIES de Oviedo, e escollemos para iso o roteiro da Fragavella en Mondoñedo.


Atopámonos con eles na área de descanso da autoestrada, do Rey das Tortas. O día está gris e sopra un vento considerable. Desde aquí partimos ao comezo do roteiro en bus. Xuntámonos á beira do cartel onde se mostra e explica o roteiro e comezamos a camiñar. Imos entre piñeiros, seguindo o camiño marcado polo gando que habita estes montes, pasamos xunto a árbores caídos, unha nave abandonada, o chan que pisamos esta embarrado, é un terreo formado no seu maior parte por turberas. Chegamos a unha pista de zahorra, que vai ata o punto onde partimos, e é aquí onde damos a opción de abandonar ao que non se atope ben físicamente.


Continuamos un pouco pola pista, para desviarnos á dereita e volver meternos no bosque, seguimos rodeados de piñeiros, pasamos preto de formacións rochosas, con formas caprichosas, bordeamos grandes turberas, moi asolagadas, paramos a tomar algo xusto antes dunha pista asfaltada que se emprega para chegar aos muíños eólicos, eliximos o sitio por estar resgardados do vento. Seguimos camiñando por esta bela paraxe, e atopámonos cuns cabalos, cando chegamos ao sinal que nos indica o desvío cara a Pena Montol, paramos e facemos unha foto aproveitando unha gran rocha, decidimos non ir cara á Pena, polo vento forte e que está a entrar a néboa, así que viramos á dereita e continuamos. Nesta última parte, descendemos por un fermoso e máxico bosque de acivros, cunha gran abundancia de brións de distintos tipos. Chegamos á pista de zahorra e por ela dirixímonos ao lugar de partida, poñendo fin á marcha de hoxe.


Subimos aos buses e dirixímonos ao restaurante, parrillada San Pedro en Alfoz, para celebrar a comida de confraternidade, cunha extraordinaria comida caseira.


Grazas a todos por este magnífico día, volveremos atopar en maio por terras asturianas.


Morís.