Crónica
Ás sete da mañá partimos de novo Os
Sendeiros de Foz para disfrutar de unha nova ruta por terras de Castela
- León. Hoxe o grupo foi menos numeroso que outras veces, incluso
faltou a nosa guía Ana, pero, iso si, o humor nunca faltou durante
todo o día.
O ceo tiña pintas de querer chover pero segundo
íamos facendo os quilómetros sentíase que o tempo ía a ser bo. Eran ás
nove e media cando facemos unha paradiña e Valcarcel para repoñer
forzas e estirar un pouquiño as pernas; tomamos café, zumes, collemos uns
bocadillos e de novo á estrada para encarar Ponferrada,
unha cidade moderna co seu maxestoso castelo que seguro terá máis dunha
lenda no seu interior.
Pasamos o castelo
Templario e tomamos a estrada á dereita do cruceiro, e un pouco máis
abaixo ao lado dunha ponte paramos para comezar a ruta. Alí estábanos
esperando o primo de Luciano e Gloria que quixo facer a ruta
con nós.
Todo o grupo provisto de mochilas, bastóns e gorras
emprendemos a camiñada o redor das dez e media. O sol xa comezaba a facer
mella, nun termómetro dunha farmacia marcaba 27ºC, case nada. Tomamos a
estrada un pouco costa arriba que nos vai achegar á Igrexa Románica do
século XI Santa
María de Vizbayo, que visitamos con axuda da guía Marta
que moi amablemente nos deu unha pequena explicación dos seus restos.
Unha vez feita a visita e todo o grupo, con Nelle
a cabeza, subimos ao pobo de Otero e xa vemos a sinal da ruta a esquerda do
pequeno parque. Vamos sempre sen abandonar o camiño ¡o suor vai invadindo
os nosos corpos pouco a pouco! ata chegar a un cruce que á esquerda vai ao
pobo de San
Lorenzo de Valdueza. Nós seguimos á dereita.
No medio da inmensidade dos viñedos o sol era de xustiza,
alomenos facía trinta graos. Despois seguimos a ruta e de novo a un km.
máis o menos temos un cruce que tomamos á esquerda en baixada ( ás
sinales son de cores azul e roxo) ata chegar ao un encoro, onde facemos un
reagrupamento e algún que outro sacamos as camisetas, mollámonos un pouco
na auga do río Oza e facemos a foto
do grupo. Ata aquí levaremos camiñando unhas dúas horas.
Despois do encoro collemos a dereita cruzando o río Oza,
esta parte da ruta e moi bonita de verdadeiro sendeirismo sempre a beira do
río coas sombras que forman a natureza do fermoso Val
de Valdueza, e así sempre ata chegar a estrada Ponferrada
- Santiago
de Peñalva que a cruzamos cara a un chalet. Neste punto da ruta facemos
un novo reagrupamento, as caras do grupo case que estallan do calor que
tíñamos nelas.
Seguimos por unha rúa estreita polo medio do pobo ata o
centro de Villanueva
de Valdueza, cuxa fonte eu creo que non quedou seca de milagre. O redor
da unha e media chegamos, xa estaba alí esperándonos Pepe o chofer,
e vaia chofer ¡ un dez!. Descansamos un pouquiño e partimos no bus cara a San
Esteban de Valdueza para xantar ao lado do río Oza, á sombra.
Algúns lavámonos no río e mudamos a roupa pois a que tíñamos levaba
unha boa suada.
Unha vez que repoñemos forzas e as tres da tarde
retomamos en autobús cara a Ponferrada
e visitar o pobo de Molinaseca
, a onde chegamos ás tres e media. Aparcamos o autobús cerca da
igrexa e o grupo dispersouse polas empedradas rúas do pobo. Nada máis
achegarte ao pobo eres recibido pola ponte romana que cruza o río
Meruelo e segues pola Rúa da Auga. Esta rúa e verdadeiramente
impresionante, ten como uns trescentos metros de larga, as súas casas de
pedra con balconadas de madeira, todo ben coidado, o chan empedrado e á
esquerda e dereita todos os locais son mesóns e tabernas, que de seguro os
fins de semana han de estar ateigadas de xente. Goza de boas terrazas a
carón do río para tomar unha caña de cervexa, por calquera esquina víase
algún "sendeiro" sacando fotografías, outros de terraza, en fin
deleitándose da beleza do pobo.
O río sirve para o disfrute dos visitantes, ten zonas
axardinadas e tamén para poder bañarse. A máis de algún apetecíalle
bañarse, e non era para menos porque a temperatura que tíñamos, o redor
de 30ºC facíache pensalo. Quedaramos para saír ás cinco da tarde así
que pouco a pouco fúmonos xuntando para de novo subir o autobús.
Á hora prevista partimos cara á casa e despois de Pedrafita,
en Baralla,
tomamos a estrada cara a O Cádavo, fermoso val o que forman O
Cádavo e máis Baleira,
boas praderías, e extensións de piñeiros.
A estrada ten unhas cantas curvas pero mereceu a pena
visitar ainda que fora de forma esporádica esta zona da provincia
de Lugo. Seguimos ao carón de Meira
para seguir por Bretoña,
mentres os cantarines, anécdotas, e contos foron facendo o camiño máis
corto.
Baixamos pola Cruz da Cancela ata chegar a Lourenzá.
No Pozo Mouro deixamos a os nosos amigos de Ribadeo
e as oito menos cuarto chegamos a Foz
sen novidade, iso si víñamos de outro mundo
Un abrazo para todos e ata a próxima
José
Luís
|