Crónica
Encontro Lucus a Pe
Un ano mais dirixímonos cara a
Lugo, para participar no
encontro que aí se celebra.
Saímos cedo pola maña, cun ceo
cuberto pola néboa, recollemos a
nosa compañeira de Mondoñedo,
subimos pola estrada nacional,
xa que a autoestrada estaba
pechada, como non, por mor dá
néboa.
Fumos recibidos diante dá sede
dá deputación, e despois do
discurso iniciamos a ruta, os
pes dá muralla, fomos recibidos
por un sacerdote e dúas
sacerdotisas romanas, que nos
deron a súa bendición para que o
camiño fora favorable.
Nesta primeira parte, a ruta
discorreu pola muralla e ás rúas
do centro onde podemos ollar o
pasado romano dá cidade.
A continuación collemos o
sendeiro que ascende pola beira
do Miño, atravesando magnificas
paraxes e bosques de ribeira,
que nos ofrece nesta parte o
río, chegamos ata a captación de
augas dá cidade, onde cruzamos o
río por unha ponte, para
descender pola beira contraria,
ata o Rego de Mera, neste punto,
os que se atopan baixos de forma
continúan o descenso do Miño ata
o Club Fluvial, lugar onde
remata o encontro.
Os outros emprendemos un
percorrido polo paseo que bordea
este pequeno río, enchido de
restos romanos e restos de
muíños que amosan o poderío
deste río no pasado. Subimos uns
tres quilómetros o curso, que
fannos gozar, dos seus bosques
de ribeira, dás pequenas
fervenzas e rápidos, que podemos
ollar o longo do percorrido. A
senda esta impresionante, moi
natural, senda de terra, rochas
e nalgún tramo pasarelas de
madeira, todo a sombras dás
arbores e co rumor dás augas que
esculpen ás rochas do leito do
rio. Moi relaxante e máxico.
Rematada a camiñata polo Rego de
Mera, dirixímonos pola beira do
Miño cara o Club Fluvial que é a
meta do día. Alí dannos de
xantar, para repoñer folgos
despois do paseo.
Un fermoso día no que o tempo
nos acompañou e fixo que ca
grata compaña, pasásemos un
domingo especial.
Un saúdo.
Morís.