>
Crónica
Ruta Cudillero – San Esteban de Pravia
Ben, para este mes de febreiro
imos dirixirnos cara a terras
asturianas, para realizar un
roteiro costeiro; partiremos de
Cudillero e terminaremos en San
Esteban de Pravia.
O día amence nubrado pero
esperamos que vaia abrindo,
temos unha boa temperatura para
camiñar. Arrincamos no peirao
novo e dirixímonos ao seu casco,
casas empolicadas pola saia da
montaña, unhas sobre outras,
creando unha bela estampa.
Empezamos subindo polas suas
callejuelas, estreitas, con
chanzos, cara ao miradoiro da
Atalaia, para continuar subindo
ata o cemiterio. Imos vagueando
ata o Pito, onde comezaremos a
descender cara á praia de
Aguilar, está a marea baixa,
gozamos das formas caprichosas
das rocas, estorbamos a sesión
de fotos dunha voda e
dirixímonos ao comezo do roteiro
sinalizado, que nos levara ata
San Esteban.
Toca subir, o chan é de cemento
e pedra, rodeados de eucaliptos
e piñeiros. Imos gozando das
vistas que nos ofrecen, os
numerosos miradoiros que
atopamos ao longo do roteiro,
magníficos cantís. O mar está un
pouco axitado, ondas, escuma,
que bela estampa. Así pasiño a
pasiño chegamos á capela do
Santo Cristo, que vistas tan
impresionantes temos. Toca
descender por máis de trescentos
chanzos ata o espigón, onde
están as piscinas de auga
salgada, sitio elixido para
finalizar o roteiro de hoxe.
Recóllenos o autobús e levános
ao sitio elixido para a xantar
de confraternidade, a tapería o
Centro no Pito, onde nos espera
a nosa recompensa, saborosa
comida e bo trato.
Bonito día en gran compañía.
Grazas a todos e ata a próxima.
Morís.