Crónica
Marcha Nocturna 2019
Para o roteiro
deste ano, decidímonos outra vez
por camiñar ás escuras pola
parte de atrás das torres.
Xuntámonos diante do concello,
somos un gran grupo 110
camiñantes de todas as idades.
Saímos por Alvaro Cunqueiro
dirección Abanca, para coller
avenida da Mariña en sentido
ascendente, baixamos por
salvador de Madariaga, para
coller rúa dá Atalaia e
achegarnos ás Torres, neste
punto comeza o roteiro pola zona
escura de prados, que deixa
unhas bonitas estampas das luces
de Foz e a nosa serpe luminosa
deslizándose por esta zona.
Saímos na estrada que baixa á
praia de Llas, e agrupámonos
onde os baños e o posto de
socorro da praia. Continuamos
agora polo paseo das praias
dirección Rapadoira, que imaxe
tan bonita, creamos unha serpe
luminosa, serpenteando a costa,
nunha noite moi agradable e
escura, e así pasito a pasito
chegamos á Rapadoira, onde en
Yoglio tomaremos chocolate
churros para despedir a noite.
Grazas a todos, e a Protección
Civil de Foz por facernos tan
cómodo e seguro o camiño.
Un saúdo e ata o ano que vén.
Morís.