>
Crónica
Rota Cabo Prior - Lavacerido.
Este mes dirixímonos á costa Ártabra, o roteiro era desde cabo Prior ata Lavacerido, pero como o día non acompañaba, pois había unha néboa que non deixaba gozar da paisaxe, decidimos acurtar o roteiro, e empezar en o Priorio, Pedreira, na praia de Santa Comba.
Baixamos do bus, equipámonos, a
néboa non deixa ver máis de
100m., vagueamos un pouco e
dirixímonos á costa, á praia de
Santa Comba, a cal cruzamos ata
a altura da ermida de Santa
Comba. Continuamos cara á praia
de Ponzos, a cal tamén
atravesamos. Saímos da area,
cruzando a duna, onde os restos
dun lavadoiro de mineral. Xa
imos subindo algo para coller a
senda que vén desde San Andrés
de Teixido, é unha pista ancha
de saburra, que vai seguindo o
relevo da costa, pero como temos
unha néboa espesa, non podemos
gozar da paisaxe. Así chegamos a
Montefaro, onde collemos a senda
que ascende ata os restos das
baterías militares de Campelo,
contemplamos, esas ruínas, e
comezamos o descenso ata
Lavacerido, que será o punto
final ao roteiro de hoxe. O
autobús espéranos diante do
restaurante Area Branca, que
será onde comamos hoxe.
Grazas a todos por este día, e
ata a próxima.
Un saúdo.
Morís.