Crónica
Sábado, 9 de xuño de 2012
Cun tempo revolto, saímos de Foz
ás tres e media da tarde, cun
chisquiño de retraso sobre a
hora prevista, porque tivemos
que agardar por algúns
sendeiristas que saían de
traballar.
Pola ruta da costa, chegamos a
Oviedo e collimos a autopista
que nos conduciu á zona de
Barrios de Luna, onde fixemos a
primeira “parada técnica”, de
seis a seis e media, para
estirar as pernas, tomar un
café, etc., e que o autobús
fixera a parada regramentaria. Á
saída do túnel, en Caldas de
Luna, a paisaxe é impresionante:
as montañas parecen vírsenos
encima e sentimos que somos moi
pequeniños en medio desta
natureza xigantesca. Ós poucos
quilómetros, a paisaxe cambia,
empeza a chaira, verde e
frondosa. Chegando xa a
Cistierna, algún risco illado
recorda a paixase montañosa.
Ás oito chegamos ó hotel de
Cistierna, onde iamos pasar a
noite. Tras coller as chaves e
deixar as bolsas, case todos
saímos dar unha volta polo pobo,
facendo tempo para a cea que foi
ás dez da noite. Todo o mundo
chegou a conclusión de que a cea
foi moi boa e moi abundante.
Despois, os máis marchosos aínda
saíron dar outra volta polo
lugar. Os mais, marchamos para a
cama, coller forzas para a ruta
que nos agardaba ó día seguinte.
Domingo, 10 de xuño
Ás oito baixamos almorzar. Aínda
que a saída era ás oito e media,
retrasámonos un pouquiño,
agardando polos bocadillos do
xantar, que nos estaban a
preparar no mesmo hotel.
Ás nove saímos cara a Sabero,
onde comezaba a ruta. Arrancamos
a andar ás dez, e, a poucos
metros, atopámonos coa ermida de
San Brais, cunha curiosa rella
de ferro, moi moderna, que
contrastaba co estilo antigo da
igrexiña. Pouco máis adiante,
unha área recreativa, Fuente de
la Muela, chamounos a atención
polos hortiños, moi coidados que
flanqueaba a entrada da área.
A primeira mina, “Mina La
Plata”, coa que nos atopamos foi,
en realidade, unha mina fallida,
porque non atoparon alí a prata
que esperaban e non chegou a
funcionar. A continuación, a que
fora unha mina a ceo aberto
apenas se adivina, porque, tras
finalizar a explotación, o lugar
foi reforestado e recuperado.
Todo ó longo do camiño son
abundantes as roseiras de
pitiminí; e pouco despois o
amárelo das xestas domina a
paisaxe. Baixamos por unha
escombrera moi empinada e, en
cachos, un pouquiño perigosa,
polas pedras soltas, esbaradizas,
xa que o barruzo acompañounos ó
longo de case todo o traxecto, e
isto fixo que houbera algún
pequeno incidente, sen
consecuencias graves,
afortunadamente.
Pouco máis adiante atopamos un
dos lugares máis fermosos da
ruta: un mirador desde o que se
divisa o val aló no fondo, con
pequenos pobos e o río Esla
atravesando a paisaxe. A pena
foi que unha bruma bastante
espesa non nos permitirá
disfrutar da panorámica dos
montes do fondo.
Pasamos polas bocaminas das
“Mina Mariate” e, nun sitio
precioso, os restos de unha
tolva que levaba o mineral, por
alto, hasta o lavadero
(desaparecido) situado no outro
lado do río.
La “Mina Imponderable” ten, na
súa entrada unha cor laranxa que
nos fala do mineral de ferro que
contenía. Un pequeno regato, que
sae da mina, move una rodiña
dentada tamén de ferro. A min
recordoume algún dos artefactos
que ten a finca “Galea”, en
Alfoz.
Rematando a prolongada baixada,
chegamos á beira do río Esla,
que seguimos durante uns
quilómetros. Pasamos baixo unha
ponte colgante, que algúns
andaron hasta a metade para
poder contemplar, ós dous lados,
a baixada do río, ancho e con
abondosa auga, neste momento
cunha corrente bastante forte,
xa preto da área recreativa que
chaman “Playa de Sabero”. Aquí
tivo lugar o reagrupamento de
todos nós, aproveitado para
hacer a
foto oficial da ruta. Ás
doce e media seguimos camiño
para chegar, en media hora, a
Sabero, final do noso andareiro.
Unha ruta, na miña opinión,
preciosa. Se se me permite unha
digresión personal, teño que
decir que, despois de varios
meses de non poder andar, debido
a varios alifafes de saúde, non
puiden ter mellor regreso ás
rutas que esta fermosa
experiencia.
En Sabero fixemos unha visita
guiada ó “Museo de la Siderurgia
y la Minería de Castilla y
León”. O edificio no que se
alberga o museo foi a antiga
fábrica de fundición, economato,
botica e demás dependencias. E
algo realmente impresionante.
Alguén falou do parecido que ten
cunha catedral de ladrillo, unha
imaxe realmene axeitada. A
visita rematou coa visita a unha
exposición temporal de
meteoritos.
Cando rematamos a visita eran as
dúas e media da tarde.
Plantexouse un dilema: ir a
Riaño e comer alí, renunciando a
visitar León; ou comer en Sabero
e saír directamente a León,
renunciando á visita a Riaño.
Esta foi a opción que gañou: a
maioría quixo mellor ver a
capital, a onde chegamos ás
catro e media.
Alí cada un decidiu o que quería
ver: catedral, San Isidoro,
Barrio Húmedo… Ás seis e media,
puntualísimos, subimos ó autobús
e puxemos rumbo a casa. Ás oito
e media, fixemos a “parada
técnica” en Vega de Valcarce,
onde moitos compraron as famosas
cereixas do Bierzo. E xa, sen
máis novidade, chegamos a Foz ás
once da noite.
Cármen Beltrán