Crónica
RUTA FIN DE VERÁN, 2016
Como colofón para este verán,
temos plantexada unha ruta que
nos ha levar a ver a parroquia
de Vilaronte, nun día solleiro.
Xuntámonos unha trintena de
camiñantes, as nove da mañá
saímos de diante do concello,
polas veira rúas imos camiñando
ata estrada de San Martiño, a
cal seguiremos ata Porto,
pasamos por diante da capela de
San Blas. cruzamos o río Centiño,
deixando a nosa esquerda un
muíño, e por a pista que pasa
baixo a vía do tren, dirixímonos
cara a Xinzo, o día esta
estupendo, luce o sol xa que non
o tapan as nubes, o que nos
permite dende o alto de Xinzo
ter unhas fermosas vistas.
Cruzamos a estrada de Ferreira e
dirixímonos cara a capela do
Carme, neste lugar imos facer a
primeira parada técnica, onde
repoñeremos forzas. Aproveitan
para visitar a capela, e tamén
aproveitamos para facer a foto
de grupo.
Agora descendemos por detrás da
Casa da Roxa ata a Espiñeira, o
comezo imos rodeados de arbores,
e na parte final preto da
Espiñeira tamén, detemos de novo
diante da capela da espiñeira a
reagruparnos e tomar algo.
Ascendemos cara a Mañente, para
por unha ponte cruzar a estrada
nacional, que nos deixará na
fonte da Lagoa da Paz, que é
onde collemos o Camiño Natural
do Cantábrico, camiño que
seguiremos ata Foz, a primeira
parte é moi fermosa, bordea a
ría rodeados de árbores.
Cando chegamos os estaleiros
atopamos unha das barcas que se
empregarán na vindeira festa
normanda, e como non, sacamos
unha foto todos xuntos diante de
ela.
Percorremos a explanada do
peirao cara a praia da Rapadoira,
que esta ocupada por o Fozmarket
e a feira do libro, pasamos a
carón do Cenima, que tamén esta
ocupado polo tentacle, festival
tecno, e así pasiño a pasiño,
chegamos o Bar 78, onde
tomaremos uns pinchos todos
xuntos para despedir o verán.
Un saúdo a todos e ata o ano.
Morís.