Crónica

ANDAREIRO DE VERÁN, VILOALLE.


Nesta primeira andaina de Agosto, dirixímonos cara a Mondoñedo, mais concretamente a Viloalle, para visitar parte do que esta zona nos pode ofrecer.


Baixamos do bus un bo grupo, e dirixímonos cara a primeira visita de hoxe, a parte alta do Castro, onde vemos a Pena do Unto, e facemos a primeira foto de grupo, agora baixamos pola senda ata a Fonte das Augas Sulfurosas, algúns baixaron ata ela, xa que se atopa a altura do río, e beberon das súas augas por si acaso funcionan.

 Reanudamos a marcha callejeando por entre as casas, ata a veira da estrada de Ferreira, e polo arcen imos ata o comezo da senda que nos levara ata a area recreativa da fervenza, a altura da ponte de Murillo facemos unha nova foto de grupo, aquí ollamos unhas magnificas vistas deste tramo de río, as numerosas cascadas e rápidos, dirixímonos cara os restos da antiga central hidroeléctrica, e nas mesas que se atopan no lugar comemos algo.


Ascendemos o curso do rio Tronceda pola marxe esquerda, por unha pista de zahorra, pasamos fronte a nova central hidroeléctrica, e seguimos ascendendo ata atopar unha ponte de madeira, a cal usaremos para cruzar o Tronceda, para agora descender o curso do río pola marxe dereita. Todo este camiño e por pistas ata chegar a estrada asfaltada, que descenderemos ata o punto de partida en Viloalle, neste descenso ollamos a magnifica vista que se nos ofrece de Mondoñedo.


Así remata a marcha de hoxe, magnifico día, moi grata compaña.


Un saúdo.

Morís.