Crónica
RUTA VAL DE LOURENZA
Chego o último roteiro deste ano
e dirixímonos a terras
laurentinas, para facer parte do
roteiro Val de Lourenza, esta
estaba prevista para a ponte da
constitución, pero por motivos
climatolóxicos houbo que
aprazala ata hoxe.
Partimos da praza diante da
igrexa de Lourenza, e
dirixímonos cara á zona dos
colexios, nesta primeira parte
toca subir, un kilometro de
subida, fácil de levar, así
chegamos ao alto do Monte do
Muro, xa temos algunha vista
parcial deste fermoso e fértil
val. Camiñaremos por pistas
forestais, rodeados de
eucaliptos, en dirección á
parroquia de San Xurxo, pasamos
polo Souto Vello, para
dirixirnos a Santo Tome,
camiñaremos polo paseo fluvial
do Rego de Baus, cara ao Pereiro
onde no muíño restaurado faremos
a parada para repoñer forzas
tomando algo. Atravesaremos
Santo Tome, para dirixirnos cara
ao Pazo de Tovar, desde aquí
retornamos ao punto de partida
pola outra cara do val, imos
pasando por numerosos barrios
deste val ata chegar de novo a
Lourenza, entramos pola zona do
mercado e dirixímonos cara á
igrexa, e como non parada na
pastelería de Cabaleiro para
comprar doces, esta merecido
despois da marcha.
Na praza da igrexa, coa bonita e
orixinal decoración do Nadal
poñemos fin á última saída deste
ano tan atípico, despedímonos e
desexámonos un prospero ano
novo.
Grazas a todos por este
maravilloso día e ata a próxima.
Un saúdo.
Morís.