Crónica

El viaje largo de este año 2014 contó con una agradable novedad la presencia de una preciosa niña , Iris , que acompañada por su madre y por algunas componentes de la asociación entre ellas Marisa nos alegraron el viaje, y a mí en particular, me recordaron las señas de identidad del grupo: la solidaridad y el cariño con el que se acoge a las personas que se incorporan.
Madrugamos para la salida y después de una corta parada, llegamos muy temprano a nuestro destino: un cómodo hotel a seis kilómetros de Santander, bien comunicado por el feve, lo que nos permitió a algun@s pasear de noche por la ciudad y tomarnos un helado riquísimo.
A las cinco teníamos programada la visita a las Cuevas del Castillo y de Las Monedas, entramos en dos grupos y creo, por los comentarios que oí a mi alrededor que la segunda ganó en gusto por goleada, pero no fue mi caso: a mí la Cueva del Castillo me recordó a la de Altamira con sus bisontes coloreados y la utilización de la piedra para dar volumen a las figuras.
De la cueva de Las Monedas hay que destacar un caballo dibujado con un realismo que impresiona.
El sábado 26 fuimos a Cabárceno ¡que ilusión¡¡sobre todo para los niños que nos acompañaban. Vimos animales africanos, dimos de comer a un avestruz , pero a mí lo que más me gustó fue ver a los osos pardos autóctonos, en especial a dos cachorrillos jugando y a uno tumbado boca arriba en la piscina al que solo le faltaban las gafas de sol y el periódico.
Terminamos la visita viendo el gracioso espectáculo de los leones marinos (que no focas). Después de una opípara comida nos trasladamos a Castro Urdiales , preciosa villa marinera del límite con Vizcaya. Cena en el hotel, paseíto para unos y charleta y copa para otras, o ambas cosas.
El Domingo marcha de Ontaneda a Puente Viesgo, supongo que alrededor de 15 kilómetro anduvimos por una bonita vía verde con el río Pas a nuestra izquierda.
De vuelta echamos un vistazo a la costa de Llanes, y después de una breve parada en Unquera no es necesario decir para qué . Llegamos temprano a Foz.
Viaje redondo, en horarios , visitas compañía etc etc. como nos tienen acostumbrados nuestros socios colaboradores.

Un saludo a todos.

Bss Amelia

 10517586_724618214253369_8174352389450835604_n  DSC03841  DSC04691  DSC04740

VIAXE A CANTABRIA

25, 26 e 27 de Xullo de 2014

 

Venres, 25 de xullo de 2014

O Día da Patria en Galicia, Os Sendeiros, xuntámonos as 08:00 da maña diante do concello de Foz para facer unha viaxe por terras de Cantabria. Coa puntualidade que caracterizou a este grupo, saímos de Foz, con tempo anubrado pero moi boa temperatura.

Entre animosas conversas fomos percorrendo as terras asturianas.  Unha lixeira chuvia acompañounos durante un pequeno tramo da viaxe en autobús, pero axiña deixou paso a un día morno con néboas altas.  Dúas horas e media despois de iniciar o traxecto, fixemos a primeira parada nunha área de descanso da autovía para tomar algo.

Continuamos camiño a terras de Cantabria e chegamos ó Hotel Bezana Lago con media hora de antelación sobre o previsto. Xantamos ás 13:30h. no propio hotel, e despois dun curto paseo polo núcleo urbano do concello de Santa Cruz de Bezana, subimos ó autobús ás 16:00h. para ir ata Puente Viesgo.

Nesa localidade, a tarde do 25, tiñamos previsto á visita ás covas prehistóricas de El Castillo e Las Monedas. Situadas no Monte Castillo, á beira do río Pas, aparece a 675 metros, a coñecida como El Castillo e continuando polo camiño que rodea ó monte está Las Monedas. Esta última, cando foi descuberta en 1952, era coñecida como Cueva de los Osos, pero o descubrimento dun lote de 20 moedas da época dos Reis Católicos nas súas entrañas, deu orixe a denominación actual.

De acordo coa normativa de visitas, que estipula un número máximo de persoas por grupo, Os Sendeiros, dividímonos en catro grupos e dúas quendas horarias para entrar a cada unha das covas. A arte rupestre, de excepcional valor, reflexa un bestiario formado por cabalos, renos, cabras, bisontes e partes da anatomía humana, principalmente mans. Todo iso únese coa combinación xeolóxica perfecta para a formación de preciosas estalactitas, estalagmitas, discos, columnas,… tinguidos de diversas cores pola variada combinación de minerais da rocha, que fan do paseo por estas covas un regalo de beleza indescritible. Grutas altas e pasos estreitiños, formados pola acción da auga, engaden encanto  natural a este espazo.

Rematada a visita, collemos o autobús de volta ó hotel para cear ás 09:30h. Unha parte do grupo decidiu facer unha visita nocturna á cidade de Santander, que celebraba a súa Semana Grande, con moi bo ambiente na rúa. O resto dos integrantes, que quedaron en Santa Cruz de Bezana, departiron animosamente nas terrazas ou foron descansar para o día seguinte.

 

 

Sábado, 26 de xullo de 2014

Amence caloroso o sábado 26.  Almorzo no hotel e saída as 09:00h. con destino ó Parque da Natureza de Cabárceno. Cunha extensión de 750 hectáreas, na localidade de Cabárceno, este parque inaugurado en 1990, está situado sobre unha antiga mina de extracción de ferro a ceo aberto. E foi recuperado para a circulación de vehículos e o paseo polo seu interior.

Os Sendeiros tiñamos programada unha visita guiada en autobús, subindo e baixando en cada espazo para contemplar de cerca os animais que alí viven, nun hábitat que  trata de aproximarse o máximo posible ó da súa orixe. Pasamos polos recintos dos gorilas, tigres, llamas, hipopótamos, osos, xirafas, avestruces, elands, antílopes, leóns, bisontes, cobos de auga, cebras grevy, camelos, cebras burchell, elefantes, dromedarios e rinocerontes entre outros.  Despois deste último recinto, con total liberdade, nunha extensión ampla de terreo, na que recomendan non baixar dos vehículos, vive a fauna ibérica: cervos, gamos, monos de Xibraltar, protexidos da saída ó exterior por pasos canadenses. Sen dúbida, fixemos un traxecto agradable que nos permitiu observar unha variada e rica fauna.

Aparte da cantidade de especies animais dos cinco continentes que aquí habitan, esta paisaxe cárstica, modelada polas mans do home, convértese nun espectáculo natural de gran beleza que merece a pena contemplar. Lagos, figuras fascinantes na rocha, impresionantes desfiladeiros, fan que a visita a Cabárceno sexa unha experiencia inesquecible.     

Na fin do percorrido polo parque tivemos oportunidade de asistir á demostración, divertida e educativa, das habilidades dos leóns mariños. Entre unhas gradas repletas de xente, fómonos distribuíndo os membros do noso grupo, para presenciar este entretido espectáculo que deu por rematada a nosa visita.

Retornamos en autobús a un dos restaurantes situados no interior do propio parque a alí xantamos. As 16:00h. saímos en dirección a Castro Urdiales. Tarde de paseos agradables por esta fermosa localidade costeira que festexaba Santa Ana. Bulicio na terra (festexos e señorial ambiente turístico) e no mar (baños que tamén aproveitaron os nenos que viaxaban con nós).

Castro Urdiales, coñecida tamén como Flavióbriga, polo asentamento romano que se localizou aquí, conserva un interesante casco vello que invita ó paseo. O seu patrimonio monumental está formado pola igrexa de Santa María, o castelo-faro situado xunto a ela, a vella ponte medieval e a ermida de Santa Ana. Este Conxunto Histórico, que tivo o seu recoñecemento no ano 1978, constitúe a imaxe máis representativa e fermosa desta localidade do extremo oriental de Cantabria.

As 19:30h. regresamos a Santa Cruz de Bezana. Algúns volveron a Santander. O resto do grupo, cea e descanso para o día seguinte.

 

 

Domingo, 26 de xullo de 2014

Xornada dominical de moita calor en terras cántabras. Despois do almorzo no hotel e do embarque coas equipaxes para o regreso, iniciamos camiño cara a localidade de Ontaneda, no municipio de Corvera de Toranzo, onde as 10:30 deu comezo a nosa ruta pola Vía Verde do Pas.

Iniciamos a camiñada no núcleo urbano, para continuar enseguida polas beiras do río Pas, deixando á esquerda o pobo de San Vicente de Toranzo. Logo de pasar ó pé dunha empresa madeireira, atopamos a ponte de ferro que cruza o río e nos leva cara a San Martín de Toranzo. Camiñamos tranquilamente entre as casas e a paisaxe verde de Santiurde de Toranzo, ata facer unha paradiña na tranquila e bonita área de descanso, situada ó pé do acueduto que nalgún tempo levou a auga a Santander.

Continuamos por Villasevil e logo Iruz, onde atopamos o Mosteiro de Nuestra Señora del Soto, antigo convento franciscano, que destaca pola súa fabulosa torre. Despois chegamos ó pequeno pobo de Penilla e o Barrio de Corrobarceno, onde podemos contemplar a presa de Puente Viesgo e unha bonita ponte de madeira que cruza o río.

Estamos chegando ó noso destino, vemos no camiño unha antiga locomotora “La Reyerta”, e a estación de tren de Puente Viesgo. Fixemos unha ruta fácil, de percorrido chan; non esquezamos que foi no seu día a liña de ferrocarril de Astillero a Ontaneda

Chegamos a Puente Viesgo ás 13:30h. Aprovisionámonos co noso xantar pícnic que cada un tomou onde considerou máis oportuno. E despois de pasear polas rúas deste pobo, tomar algo nas súas cantinas e visitar algunha tenda de produtos típicos,  saímos as 16:00h. con dirección a Llanes.

Antes do próximo destino, decidimos facer unha paradiña en Unquera para mercar as súas famosas garabatas. Seguimos viaxe e chegamos a LLanes.  Pequenos paseos polas súas rúas inzadas de tendas e restaurantes tradicionais; e tamén, visita obrigada ó espigón, para ver a obra  “Los Cubos de la Memoria” do pintor vasco Agustín Ibarrola.

Rematada a curta estancia neste concello asturiano, subimos ó autobús para volver a Foz. Foi unha viaxe tranquila e leda, animada pola boa música e as cancións compartidas, algunha delas de Albert Hammond tan emotiva e evocadora. Sen ningunha incidencia e moi contentos chegamos ó destino ás 09:30h., con hora e media de antelación sobre o previsto.

O meu desexo de compartir con vós moitas viaxes máis.

                                                                                 

Luz María Durán