Crónica
De novo os sendeiros voltamos a facer a ruta do Cares, era unha petición que levábamos anos recibindo e por fin a fixemos realidade, xa que fora feita no ano 2005.
Saímos o sábado 27 de Xulio, as
15:15h, xa que algúns
sendeiristas tiveron que
traballar de maña. Unha vez
completo o bus e co bo facer de
Nelson o chofer, percorremos a
metade da costa asturiana, para
logo atravesar polo centro cara
a provincia de León. Subimos
pola autoestrada do Huerna, que
debe o seu nome a que a que
atravesa o val do rio Huerna,
saímos na Magdalena cara a Robla
e seguimos dirección oeste
bordeando a Cordilleira
Cantábrica, que nos asombra ca
maxestosidade dos seus cumios,
ata chegar a Cistierna, vila
onde pasaremos a noite. De novo
quedamos no hotel O Cruce, xa
que en anteriores visitas fumos
moi ben tratados, podería
dicirse que como si fósemos da
familia.
Despois de ocupar as habitacións,
saímos a dar unha volta por o
pobo, están en festas. Ceamos
cedo xa que maña tiñamos que
madrugar.
O domingo a mañanciña
levantámonos a almorzar, e unha
vez tódalas maletas no bus,
saímos cara o inicio da ruta,
nese discorrer polas estradas
leonesas, pasamos por Riaño o
novo,xa que o vello esta varios
metros baixo as augas do encoro.
O noso camiñar de hoxe comenzóu
en Posada de Valdeon, alí acarón
da casa consistorial, atopamos
as marcas de comezo da ruta,
imos por unha senda rodeada de
arbores que nos dan sombra. A
nosa dereita, na falda do
Porracho, queda Cordiñanes e
entre ela e nos o rio Cares cas
súas augas bravas. Un pouco mais
a baixo chegamos o Mirador do
Tombo, no que se atopa unha
escultura da especie mais
emblemática de picos, o Rebeco.
Dende este punto ollamos a
magnificas vistas do val, e
aproveitamos para facernos unha
foto de grupo. A seguinte parada
é no Chorco dos Lobos, antiga
trampa para cazar lobos,
continuamos hasta a Majada da
Coroa, bueno xa estamos preto de
Cain, e xusto a súa entrada,
atopamos unha abundante cascada.
Aproveitamos en Cain para
reagruparnos, repoñer forzas
tomando algo, e que se unan a
nos un pequeno grupo de
sendeiristas, que non estaban en
plenitude de facultades, e
decidiron facer estes primeiros
9Km. en taxi.
Continuamos o descenso, por un
camiño estreito labrado na pedra
da montaña, nesta senda que vai
paralela seguindo as bravas
augas do Cares, o longo deste
treito atópanse numerosos
túneles, de escasa altura, e
pontes que nos fan cambiar do
lado do rio no que nos atopamos.
Por fin chegamos a Poncebos,
onde comeremos o pícnic que
traemos. O tempo foi soleado e
cálido durante a camiñata, e
cando xa estamos subidos no bus,
comezó a chover, que alivio si
nos chega a pillar pola ruta,
habiamos quedar mollados coma
pitiños. Facemos unha parada en
Ribadesella, para facer turismo,
estirar as pernas e tomar algo,
e pasadas as dez da noite
chegamos a Foz.
Unha vez rematada a ruta un
comprende por que tamén e
coñecida coma a Garganta Divina,
eses altos cumios rochosos e
puntiagudos, desfiladeiros
estreitos e moi profundos así
coma polas súas augas bravas e
claras.
Un saudo
Morís.