</td>

A ruta para o disfrute dos sendeiristas

Por fin!!!! Chegou o bo tempo, unha mañá radiante que fai que o reloxo soe mellor a hora de levantarse da cama.

Xa as caras denotan máis alegría, a verdade que facía falla uns días como este para ir metendo no baúl o duro inverno que levamos padecendo.

Esta vez sumáronse ao grupo dous novos socios: Lorenzo e máis a súa dona Francisca de Barreiros, e tamén a socia da Pasada das Cabras de Burela Esther.

 Cruzamos Lourenzá con néboa que nos acompañou ata case chegar a Meira e, de seguido desapareceu e seguimos cun tempo de verdadeiro verán. O percorrido por Pedrafita, o Bierzo, maxestoso coa súa campiña ben traballada, viñas, cerdeiras, millo...

 Achegámonos a Ponferrada e recíbenos a cidade cos balcóns adornados con bandeiras de cores azules e brancos do equipo a Ponferradina que esta tarde xogábase o ascenso co Sant Andreu a 2ª división da liga do fútbol, que cando chegamos a casa a radio daba a noticia do seu ascenso na tanda de penaltis por 9 a 8. NORABOA. Despois de Ponferrada o seguinte pobo era Molinaseca punto de partida da ruta.

 En Molinaseca tomamos un respiro e uns e outros fomos a desayunar ao carón do río Miruelo nos distintos bares da zona. Ás dez e cuarto emprendemos a marcha cruzando o pobo, a imaxe do colorido das camisetas coa nosa sardiña e Foz na espalda e a envidia de cantos nos ven pasar.

Los Puentes de Malpaso (Molinaseca) Los Puentes de Malpaso (Molinaseca)Los Puentes de Malpaso (Molinaseca)   Los Puentes de Malpaso (Molinaseca)

 O inicio a uns 100 m. da igrexa parroquial de San Miguel de Bari, polo lado sur. A senda comeza co río e o canal do muíño a esquerda. O principio e chan pero vaise elevando pouco a pouco entre castiñeiros, xaras, rébollos, e arbustos de encinas. ¡¡O sol era de xustiza!!, mentres íamos camiñndo o noso acompañante eran os cantos fermosos dos merlos, o runrun acompasado do río Miruelo, este coro da natureza facíanos o camiño moito máis agradable. Ao redor da media hora a subida e máis empinada, o suor tamén ía calando nas camisetas e, así chegamos ao cruce que se dirixe a Lombillo. Dende este cruce comeza a baixada xirando a esquerda coas belas vistas do val, cos Montes Aquilanos ao fondo. A baixada e continua hasta o primeira ponte, a de Arroyo Pequeno. Seguimos outros dez minutos para chegar a segunda ponte, Arroyo Grande, de augas poderosas. Neste lugar fermoso facemos unha pequena paradiña para reagruparnos e de paso tomar un respiro que algúns necesitábamos. Máis abaixo únense os dous Arroyos para formar o río Miruelo.

De novo emprendemos a marcha para tomar, se cabe, o tramo da senda máis duro, a subida e constante e case sen sombra, cunha temperatura preto dos 30º C, un ceo despexado que non facilitaban a subida e notábase  o grupo como ía estirándose igual que o un pelotón nunha carreira de bicicletas, o sendeirismo e así, máis ó menos levaríamos camiñando dúas horas.

 Cando alcanzamos a cota dos 1650 m de altitude, xa preto do pobo Riego de Ambrós, íamos a facer de novo un reagrupamento, descansar as pernas e botar un grolo de auga que ben a necesitábamos.

 Os cores vermellos do sol notábanse nos rostros e brazos a moitos de nos. Despois os comentarios de sempre “vaia subida”, “foi moi forte”, outros falan da beleza da zoa, en fin había para todos os gustos.

Los Puentes de Malpaso (Molinaseca) Puentes de Malpaso (Molinaseca) Puentes de Malpaso (Molinaseca) Puentes de Malpaso (Molinaseca)

Dende Riego de Ambrós, bonito pobo pequeno típico da montaña do Bierzo e paso obrigado para os peregrinos do Camiño Francés. Nós tamén collemos o tramo do camiño de Santiago, para facer o derradeiro tramo da ruta, percorrido sempre en baixada achéganos a Molinaseca, podendo seguir vendo ás fermosas vistas que por estes paraxes temos, aunque a verdade o forno non estaba para moitos bolos.

 Ás tres da tarde xa estábamos todos limpos, ¡as suadas eran impresionantes! e dispostos a degustar o almorzo que cada un levaba. Fómonos acomodando na sombra ao carón do río Miruelo e a ponte romana, lugar perfecto para xantar unha tortilla, bolos preñaos, filetes empanados, xamón todo elo regado cun bo grolo de viño da bota, soamente faltaban os gaiteiros para que fora un romaxe verdadeiro.

Pouco a pouco fomos recollendo e, a facer a sobremesa nas ben coidadas terrazas que hai no entorno da ponte, charlas, cafés, chupitos de herbas, tamén algunha manzanilla e os máis importante a boa harmonía que impera sempre no grupo.

Xa case que eran ás cinco da tarde y decidimos levantar o campamento para facer unha paradiña en Ponferrada, pero coma o sol era o verdadeiro protagonista tomamos o acordo de non parar e facelo no camiño. Ao paso pola capitalidade do Bierzo eran moitos xovenes os que se ían achegando ao campo de fútbol coas súas bandeiras, trompetas, gorros, un jolgorio, todo para animar ao seu equipo da alma ¡¡ A Ponferradina !!

 Deixamos Ponferrada para facer a última parada por hoxe, esta vez en Valcarcel na busca de algunha cereixa para levar a casa. Este ano ás cereixas non se deixaron ver, outros anos por estas datas as cerdeiras estaban repletas do fruto carnoso e vermello que dan. Este ano retrasadas pola meteoroloxía que houbo este inverno.

De novo no autobús poñendo proa a Pedrafita, tranquilos e sen presa fómonos achegando a Foz pasando por Meira, Lourenzá.

Ao redor das oito da tarde chegamos a casa. E como dixo o xeral Moscardo “ Sen novidade no Alcázar

Ata a próxima

José Luís