Crónica

Marcha Nocturna 2018.

Chega  o clásico das rutas de verán, a nocturna, xuntámonos coma sempre no porto de Foz, na praza Conde de Fontao, este ano está ocupada polas casetas da feira do libro, e hai un concerto da rondalla.

Unha vez estamos todos listos comezamos a andaina, subimos pola rúa da igrexa cara a avenida da Mariña, para pola rúa Xan Montes subir ata Alvaro Cunqueiro, como a rúa está en obras non temos problemas co tráfico, imos dirección o Calvario, para por ese camiños sen luz pública, aproveitar para gozar das vistas nocturnas, da contorna a costa ata Burela, no Pereiro xiramos a dereita ata o Castro, e dende alí baixamos ata a praia de Llas, onde colleremos o paseo das praias que nos achegara ata a Rapadoira. Que fermosa imaxe, desta serpe de cor percorrendo o camiño sinuoso, imos iluminando a noite estrelada ca luz das lanternas e dos led de dedos de múltiples cores, con que agasallamos os participantes. A noite é espectacular temos unhas vistas magnificas da costa dende Asturias ata Burela.

Cando chegamos a Rapadoira facemos unha foto de grupo, e encamiñámonos ata Yoglio, que onde imos rematar a marcha, tomando un saboroso chocolate con churros.

Gracias a todos por esta magnifica noite.

Un saúdo.