CRÓNICA
Despois da reseca que tíñamos con motivo do IV ENCONTRO RÍO OURO E PRAIAS DE FOZ, Os Sendeiros retomamos o calendario das rutas programadas. Dar a benvida a os novos socios que por primeira vez nos acompañaron, e que esperamos que sigan moito tempo con nós.
A Senda Norte “Faro de Nieva - Faro de Peñas discorre pola franxa costeira occidental do concello de Gozón, por un trazado duns 17 Km, entre os faros de Nieva y Peñas. Partimos o grupo dende o Faro de Nieva na entrada da ría de Avilés.
Ás 10,20 da mañá facemos a foto do grupo, e emprendemos a marcha co bo ánimo que o tempo nestes momentos nos daba. O sol quería asomar.
Son puntos a ter en conta, o faro de Nieva sobre a ría de Avilés, do que sae un marcado camiño ao borde do acantilado, e onde debemos préstalle atención polos ocos formados por algúns que outro pequeno bufón. Pouco despois o ben formado grupo de Os Sendeiros pasamos preto do pobo pequeniño de Nieva e a capela de San Xoán para ir baixando a praia de Xagó, cos seus impresionantes areais, ao remate do areal un chuvasco obríganos a poñer os chuvasqueiros, algúns deixarallo no autobús e claro molláronse máis da conta.. Continuamos polo camiño do Otero deixándoo a dereita e, a o lonxe as ruínas de tipo industrial, que é o final do antigo teleférico que transportaba residuos da Ensidesa que botaban ao mar.
A choiva deunos unha tregua. Seguimos charlando, compartindo comentarios, camiñamos por unha pista en zoa cha. De novo comeza a choiva forte, o sendeiro que nos levaría ao Porto Llampero y Molín del Puerto facíase intransitable, pero pouco a pouco e con a axuda dos compañeiros fomos todos pasando sen problemas polo barrizal que fomos facendo. ¡¡Vaia chupa que tíñamos algúns!!. E impresionante ollar a desfeita que o mal tempo de Xuño deixou neste lugar. Coa choiva de compañeira ascendemos a Forcada, bordemos os acantilados de Podes e chagamos ao alto da praia da Aguilera, seguimos polas praias Les Barqueres e Tenrero, polos seus dunares chegamos a Verdicio, pobo moi famoso pola copla que diz: “ Soy de Verdicio, del cabo Peñes xunto a la mar, la mio panera no tien tocinu pero tien gabitos donde colgar ……”. Por fin a choiva déixanos en paz ata o final do camiño.
En Verdicio tamén se poden ollar as marcas do mal tempo que deixó neste fermoso areal. Aquí algúns xa pensaban na chegada, pero aínda 4 Km. quedaban para o remate.
Rodeamos a Praia pola beira ata chegar a unha propiedade a dereita, ao fondo no alto, o pobo e a igrexa parroquial de Verdicio. Coas forzas xustas, tomamos a subida ao pobo de Ferreros, unha subida leve, o cansazo nos a facía longa e forte, xusto ao final da subida un grupiño fixemos unha paradiña para repoñer forzas e, así poder continuar xa por chao deixando a pura línea costeira, temos ao faro de Peñas a vista e, danos velocidade as pernas. Neste punto e onde a senda enlaza coa ruta que ven de Bañugues. Cruzamos polo pequeno pobo de Ferreros deixando a dereita a capela da Virgen de la O, mandada construír pola Condesa Mª Álvarez de Carrió no ano 1563, seguimos polo senda, xa disfrutando da fazaña, vamos transitando pola rasa do cabo Peñas ata alcanzar o Faro Peñas. “ tan arrogante y altivo que diz a la mar : “ detente porque no podes conmigo” (Marcos del Torniello)
Coma sempre, despois de falar co resto do grupo, algún cambiamos a camiseta, calcetíns, en fin arranchámonos, e de seguido todo o grupo visitamos o Centro de Interpretación Marino de Peñas, onde se pode observar, ás galernas do mar, as distintas especies de peces e moluscos da costa de Peñas, diapositivas das faenas dos mariñeiros, etc….., A visita merece a pena.
Eran ás 3,15 do serán e collemos rumbo no autobús a Bañugues. No restaurante Ponderosa esperábanos un suculento xantar, creo que non estivo mal.
Despois duns ” cantarinos” na sobremesa, partimos a vila mariñeira de Luanco para dar un paseo e, coñecer a igrexa de Santa Mª de Luanco do ano 1735 ao carón do mar, a Torre del Relój do ano 1705, que foi no seu tempo referencia dos pescadores cando viñan para terra.
Un café, paseo polas súas rúas e de volta para casa, eran ás 6,30 da tarde cando partimos chegando a Foz as 9 da noite máis o menos.
Un día completo. Vémonos na próxima
Un saúdo
José Luis