Crónica
Neste derradeiro andareiro do ano, dirixímonos cara a terras asturianas, a comarca dos Oscos, faremos unha fermosa ruta que parte de Santa Eulalia, a da Mina de As Talladas.
O día meteoroloxicamente falando
recíbenos cun tempo fabuloso,
sol e sen nubes no ceo, unha
pequena xeada pero sen
problemas. Tomamos un café
quente e partimos cara a
Ferreirela, camiñamos por un
fermoso sendeiro rodeados de
carballos e castiñeiros, que ca
caída da folla tapizan o chan, e
fan mais doado e levadeiro o
camiñar. Pasamos xunto a casa
natal do Marques de Sargadelos.
Descendemos as proximidades do
río Agüeira ata Barreiras,
sempre por sendeiros con
vexetación autóctona.
Dende aquí imos por camiño
asfaltado ata Ferreira, onde
tras cruzar o río por unha
fermosa ponte de pedra
dirixímonos a aldea abandonada
de as Talladas, ca súa singular
arquitectura. Aquí comezaremos o
ascenso que nos achegará a mina
Carmina, pero antes de chegar
pasaremos polo punto mais alto
de hoxe, o que nos permitira
gozar dunhas fermosas e
inmellorables vistas dos vales
que nos rodean. Visitamos a
mina, da que se estraeron prata,
zinc e chumbo.
Descendemos de a mina por un
sendeiro formado por alisos,
carballos e castiñeiros, e a
media ladeira seguimos o curso
ascendente do río, pasando por
fermosas paraxes, cruzando
regatos por pontes vellas e
fermosas, e así pasiño a pasiño
chegamos a Caraduxe, e dende
aquí por estrada ata Ferreirela
de Arriba, e a Santa Eulalia
onde comezamos a mañanciña.
Xantamos en Barbeitos no mesón
catro ventos, unha estupenda
comida, brindamos polo Nadal, e
por que o vindeiro ano todo nos
vaia ben e sigamos camiñando e
compartindo estas saídas xuntos,
despois dunhas panxoliñas
rematamos o xantar, facemos a
foto de grupo, subimos no bus e
encamiñámonos a Foz para pechar
unha fermosa xornada de domingo.
Un saúdo,
Morís.